Assassin's Creed: Lineage
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.) |
| Assassin's Creed: Lineage | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||
|
Instancia de
| |||||
|
Xénero
| |||||
|
Lingua orixinal
| |||||
|
Franquía de medios
| |||||
|
Cor
| |||||
| Autoría | |||||
|
Director/a
| |||||
|
Compositor/a
| |||||
|
Guionista
| |||||
|
Director/a fotografía
| |||||
|
Editor/a de cine
| |||||
| Temática | |||||
|
Ambientado en
| |||||
|
Universo ficticio
| |||||
| Publicación | |||||
|
Compañía produtora
| |||||
| Datas | |||||
| |||||
| Dimensión | |||||
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Identificadores | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
| |||||
| Wikidata | |||||
Assassin's Creed: Lineage é unha serie de tres curtametraxes de acción en vivo que narran a historia de Giovanni Auditore, pai de Ezio Auditore, protagonista de Assassin's Creed II, Assassin's Creed: Brotherhood e Assassin's Creed: Revelations.[1][2] A historia destes curtas toma lugar meses antes dos sucesos de Assassin's Creed II. Os episodios foron producidos por Ubisoft e o primeiro foi estreado o 26 de outubro de 2009 en YouTube.[3] As curtametraxes teñen o obxectivo de promoción para o xogo, así como un intento de Ubisoft para facer o seu primeiro paso na industria do cine. Foron dirixidos polo director de cine canadense Yves Simoneau.[4]
Argumento
[editar | editar a fonte]A película é unha precuela do videoxogo Assassin's Creed II. Céntrase en Giovanni Auditore, o pai do personaxe principal do xogo, Ezio Auditore. Giovanni é un nobre italiano e membro secreto da orde dos "Asasinos" que vive en Florencia, a finais do século XV (Renacemento).
Trala morte do duque de Milán, o asasino Giovanni Auditore recibe o encargo de investigar o crime. A súa misión é descubrir aos responsables e as razóns do brutal asasinato. Pero as respostas que atopa implican ás familias máis poderosas de Italia e desvelan unha conexión co propio Vaticano. Canto máis se achega á verdade, o propio Giovanni convértese en obxectivo do complot, polo que debe relevar os nomes dos conspiradores antes de ser vítima el mesmo. A historia presenta a situación antes de Assassin's Creed II, e aos inimigos de ambos, Giovanni e o seu fillo Ezio.
- Episodio 1
En 1476 en Florencia, Giovanni Auditore, un asasino, tenta descubrir unha conspiración contra Galeazzo Maria Sforza, duque de Milán e un dos aliados de Lorenzo de Medici, para quen traballa. A investigación lévalle ata Milán, onde tentará evitar que ocorra o peor.
- Episodio 2
Ao perseguir os asasinos de Sforza, Giovanni chega a Venecia, onde intercepta unha carta codificada dos conspiradores. Descodificar este documento para desvelar os nomes de quen orquestraron a conspiración será de vital importancia.
- Episodio 3
Incapaz de descifrar o contido da carta, Giovanni decide levala a Roma para desenmascarar aos líderes da conspiración, pero alí descobre que esta é máis grande e máis perigosa do que pensara.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Romano Orzari como Giovanni Auditore
- Manuel Tadros como Rodrigo Borgia[5][6]
- Alex Ivanovici como Lorenzo de Médici
- Devon Bostick como Ezio Auditore
- Jesse Rath como Federico Auditore
- Claudia Ferri como María Auditore
- Michel Perron como Uberto Alberti
- Roc Lafortune como prisioneiro
- Arthur Grosser como Papa Sixto IV
- Shawn Baichoo como pai Antonio Maffei
- Frank Fontaine como Marco Barbarigo
- Peter Miller como duque de Milán
- Harry Standjofsky como Silvio Barbarigo
- Maxime Savaria como mensaxeiro templario
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Giovagnoli, Max (2011). "Plan Transmedia". Transmedia Storytelling: Imagery, Shapes and Techniques (en inglés). Lulu.com. p. 43. ISBN 9781105062582.
- ↑ Manco, Emanuele (2012). "Assassin's Creed, cronologia del successso". En Guadalupi. Effemme 2 (en italiano). Delos Digital srl. p. 132. ISBN 9788867750184.
- ↑ "The first episode of the Assassin’s Creed Lineage short movies will be aired on 8 YouTube homepages worldwide on Oct. 27th". 19 de outubro do 2009.
- ↑ "Assassin's Creed Lineage: Révélations.". 29 de xullo de 2009. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2009. Consultado o 20 de outobro de 2009.
- ↑ Coudé-Lord, Michelle (13 de novembro de 2009). "Manuel Tadros dans la peau d'un pape". Journal de Montreal (en francés). Consultado o 1 de febreiro de 2020.
- ↑ Terrace, Vincent (11 de novembro de 2014). Internet Drama and Mystery Television Series, 1996-2014. McFarland Publishing. p. 12. ISBN 9780786495818.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial
- Assassin's Creed: Lineage na IMDb (en inglés).
- Vídeo no YouTube