Fédération Internationale du Sport Automobile
A Fédération Internationale du Sport Automobile (FISA) foi o Consello de Administración dos acontecementos das carreiras de motor. As orixes da organización remóntanse a 1922, cando a Federación Internacional do Automóbil (FIA) delegou a organización das carreiras automobilísticas ao CSI (Comisión Deportiva Internacional da FIA), un comité autónomo que máis tarde se converterá na FISA.
A reestruturación da FIA en 1993 levou á desaparición da FISA, pondo o automobilismo baixo a xestión directa da FIA.
Historia
[editar | editar a fonte]Este comité autónomo foi creado pola FIA en 1922 baixo o nome de Commission Sportive Internationale (CSI). Foille delegada pola FIA a organización de carreiras automobilísticas. En 1978, tras a elección do francés Jean-Marie Balestre como presidente, a CSI cambiou o seu nome a FISA, mantendo o seu rol. Baixo o impulso de Balestre, a FISA comezou a tomar o control da Fórmula 1, ameazada pola aparición ao final dos anos 1970 da Asociación de Construtores de Fórmula Un (FOCA), a asociación de construtores de F1 dirixida por Bernie Ecclestone. Esta loita de influencia, coñecida co nome de Guerra FISA-FOCA, conduciu á redacción dos Acordos da Concordia en 1981, os cales selaron a repartición de poderes na Fórmula 1, conservando a FISA o control deportivo e regulamentario do campionato. Tras a elección de Max Mosley como cabeza da FISA en 1991 e da FIA en 1993, ambas as institucións foron reformadas e a FISA foi absorbida pola FIA, que desde entón está directamente encargada das carreiras automobilísticas deportivas.
Desde entón, é frecuente mesturar FIA e FISA, polos feitos que tiveron lugar cando as dúas entidades eran distintas.
Presidents
[editar | editar a fonte]| Presidente | Anos de presidencia |
|---|---|
| Commission Sportive Internationale | |
| 1922–1946 | |
| 1946–1961 | |
| 1961–1970 | |
| 1970–1976 | |
| 1976–1978 | |
| Fédération Internationale du Sport Automobile | |
| 1978–1991 | |
| 1991–1993 | |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina da FIA (en inglés).