Fallout (serie)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2018.) |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
| Fallout | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
|
Xénero
| |||||||
|
Franquía de medios
| |||||||
| Autoría | |||||||
|
Creador/a
| |||||||
| Temática | |||||||
|
Inspirado en
| |||||||
|
Universo ficticio
| |||||||
|
Obra derivada
| |||||||
| Publicación | |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
Fallout é unha serie de videoxogos de rol publicados orixinalmente por Interplay e, posteriormente, por Bethesda Softworks. Aínda que as tramas dos videoxogos se desenvolven nos séculos 22 e 23, prevalece unha grande influencia da cultura de posguerra desenvolvida nos anos 50 en Norteamérica, así como da combinación de esperanza de progreso tecnolóxico e o medo á aniquilación nuclear. Esta saga adóitase considerar como a secuela non oficial do videoxogo Wasteland, aínda que non tomou ese nome debido a que Electronic Arts posuía os dereitos sobre el e, aínda que con algunhas referencias comúns, os videoxogos situábanse en universos diferentes.
Os dous primeiros títulos da serie (Fallout e Fallout 2) foron desenvolvidos por Black Isle Studios. Fallout Tactics foi desenvolvido en 2001 por Micro Forté e 14 Degrees East. Tratase dun videoxogo de rol táctico. En 2004, Interplay pechou os Estudios Black Isle[1] e continuou producindo un videoxogo de acción con elementos RPG para PlayStation 2 e Xbox, Fallout: Brotherhood of Steel sen "Black Isle Studios". A terceira entrega da saga foi o exitoso Fallout 3, publicado en 2008 por Bethesda Softworks. Fallout: New Vegas foi desenvolvido por Obsidian Entertainment con moitos antigos empregados de Black Isle que traballaron no desenvolvemento de Fallout e Fallout 2.
Bethesda Softworks posúe os dereitos para facer calquera videoxogo novo da serie[2][3] e cedeu dereitos a Interplay para que desenvolva unha versión de Fallout en forma de videoxogo de rol.
Os protagonistas da historia van variando nos distintos títulos. En cada entrega o xogador toma o papel dun personaxe (personalizable) distinto ao dos videoxogos anteriores, cunha historia de fondo totalmente novo.
Videoxogos
[editar | editar a fonte]A saga está composta das seguintes entregas:
- Fallout
- Fallout 2
- Fallout Tactics
- Fallout: Brotherhood of Steel
- Fallout 3
- Fallout: New Vegas
- Fallout Shelter
- Fallout 4
- Fallout 76
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Q&A: Feargus Urquhart Entrevista de Gamespot có fundador de Black Isle
- ↑ "Contrato entre Bethesda e Interplay Entertainment Corp". 9 de abril de 2007. Consultado o 9 de xuño de 2010.
- ↑ "A licenza de Fallout cambia de mans". 9 de abril de 2007. Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2013. Consultado o 10 de abril de 2016.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fallout |