Saltar ao contido

Fillos de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fillos»)
 Fillos de Galicia
 Instancia de
 Lingua
 Lingua usada
Implicados
 Fundador/a
 Operador/a
Datas
 Fundación / creación
1997 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
2025 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
Identificadores
Freebase/m/027q168 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata

Fillos de Galicia foi un portal de Internet e comunidade virtual enfocados na cultura galega e a súa diáspora. O sitio, nacido en 1997[1], trataba de unir e promover a relación entre os galegos e os seus descendentes arredor do mundo. A comunidade ofrecía diversos contidos e servizos, como recursos para aprender a lingua galega ou atopar familiares en Galicia ou na emigración usando o Atopadoiro.[2] Fillos.org foi un dos webs máis populares no que respecta ao pangaleguismo, a Galicia e máis especificamente á súa diáspora.[Cómpre referencia] Entre 2010 e 2014 Fillos integrou parte dos seus sitios web en Blogaliza.[3]

Fillos de Galicia foi lanzado en 1997 por Manuel Casal Lodeiro, fillo de emigrantes galegos, sendo un dos primeiros sitios web en galego[4]. En 2000 pasou a ser responsabilidade da Asociación Cultural Fillos de Galicia até a disolución desta entidade en 2025[5]. Dende a súa concepción, o portal medrou de forma continua en número de visitas e de usuarios rexistrados (chamados membros da comunidade virtual) ata o momento en que tentou integrar a súa comunidade virtual en Blogaliza, integración que fracasou parcialmente dando como resultado a desactivación na práctica da comunidade virtual ata a súa restauración, xa de novo en Fillos.org, no ano 2014.[6] A asociación tamén lanzou ao longo da súa historia diversos sitios web derivados sobre temas específicos e editou varios libros dirixidos á diáspora galega.

Estatísticas e perfil dos usuarios

[editar | editar a fonte]

En 2009, no punto álxido da súa actividade, superáronse os 6.700 usuarios rexistrados na comunidade, procedente de máis de 70 países distintos. A maior parte dos usuarios estaban entre os 30 e 60 anos de idade. Máis de 1.500 usuarios vivían na Arxentina, con grupos tamén considerábeis en España e o Brasil. Máis da metade dos usuarios rexistrados eran galegos ou fillos de galegos, mentres que máis da cuarta parte eran netos de galegos. De todos os usuarios, unha pequena parte (chamados socios) pagaban unha cota por formar parte da Asociación Cultural Fillos de Galicia, entidade legal responsábel de Fillos.org.

As visitas ao portal roldaron no ano 2009 as 350.000, cunha media mensual aproximada de 1 500 000 páxinas vistas e 30.000 visitas.

  1. Fillos de Galicia, captura de Internet Archive do 3 de decembro de 1998, en que se indica que o contador de visitas comezou a funcionar o 20 de novembro de 1997.
  2. "Atopadoiro". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2006. Consultado o 22 de febreiro de 2007. 
  3. "Procedemos ao traslado a Blogaliza: atentos ás súas pantallas". Fillos de Galicia. 2017-09-04. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2017. Consultado o 27 de xuño de 2018. 
  4. María Yáñez (2022). A Regueifa 2.0, ed. "O outro lado da pantalla. Unha historia underground da Internet galega". A Regueifa 2.0. Consultado o 2025-12-08. 
  5. Pérez Pena, Marcos (2025-12-01). Praza Pública, ed. "Desaparece 'Fillos', a pioneira rede social que uniu a diáspora galega nos inicios de Internet". Praza Pública. Consultado o 2025-12-8. 
  6. "O Taboleiro de Fillos volve á vida! Inauguramos con el a nosa etapa 6.0". Fillos de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2017. Consultado o 27 de xuño de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]