Major League Soccer
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
| Tipo | liga de fútbol |
|---|---|
| Liga superior | sen valor |
| Liga inferior | United Soccer Leagues Professional Division (pt) |
| Número de participantes | 28 |
| Localización e Datas | |
| Localización | Nova York (Nova York) 40°42′46″N 74°00′22″O / 40.7128, -74.0061 |
| País | Estados Unidos de América e Canadá |
| Vixencia | 1993 – 1993 – |
| Calendario da tempada | marzo – novembro |
| Período de ocorrencia | 1 ano |
| Organización | |
| Director executivo | Don Garber (1999–) |
| Outro | |
| Páxina web oficial | mlssoccer.com |
A Major League Soccer é a liga profesional de fútbol en Norteamérica. Fundada en 1993, actualmente a MLS está composta por 20 equipos, 17 deles dos Estados Unidos, e outros 3 do Canadá. Nesta liga non existen acensos nin descensos, pois é unha liga pechada entre franquías. En 2011 a IFFHS situou á MLS no posto 52º da clasificación das ligas mais fortes do mundo, ocupando así o 2º posto entre as ligas de fútbol da zona Concacaf.
Historia
[editar | editar a fonte]A creación da MLS foi incluída na candidatura de Estados Unidos para organizar o Campionato do Mundo de Fútbol de 1994. Unha vez elixida pola FIFA a candidatura proposta pola Federación de Fútbol dos Estados Unidos, esta tivo que cumprir a súa promesa. A primeira tempada da MLS comezou o 6 de abril de 1996 con 10 equipos divididos en 2 conferencias (Leste e Oeste). Os 10 equipos disputaron unha tempada regular de 32 xornadas, seguida duns playoffs nos que se decidiu o título de campión.
Nos seguintes anos o número de equipos que compoñen a liga foi crecendo ós poucos, ata chegar ós 18 equipos que actualmente compiten cada ano polo campionato.
Palmarés
[editar | editar a fonte]O equipo campión recibe a MLS Cup. O LA Galaxy é o equipo máis laureado da competición con 5 MLS Cups no seu palmarés. Ademais é tamén o equipo que máis finais disputou con 9.
| Data | 7 de decembro | ||
| Campión | Los Angeles Galaxy | ||
| Finalista | New England Revolution | ||
| Resultado | 2-1 | ||
| |||
| |||||||||||||||
| Tempadas | CAMPIÓN | Resultados | Subcampión | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2014 | 2-1 | ||||||||||||||
| 2013 | 1-1 (7-6) | ||||||||||||||
| 2012 | 3-1 | ||||||||||||||
| 2011 | 1-0 | ||||||||||||||
| 2010 | 2-1 | ||||||||||||||
| 2009 | 1-1 (5-4) | ||||||||||||||
| 2008 | 3-1 | ||||||||||||||
| 2007 | 2-1 | ||||||||||||||
| 2006 | 1-1 (4-3) | ||||||||||||||
| 2005 | 1-0 | ||||||||||||||
| 2004 | 3-2 | ||||||||||||||
| 2003 | 4-2 | ||||||||||||||
| 2002 | 1-0 | ||||||||||||||
| 2001 | 2-1 | ||||||||||||||
| 2000 | 1-0 | ||||||||||||||
| 1999 | 2-0 | ||||||||||||||
| 1998 | 2-0 | ||||||||||||||
| 1997 | 2-1 | ||||||||||||||
| 1996 | 3-2 | ||||||||||||||
Equipos
[editar | editar a fonte]Os 20 equipos da MLS son franquías propiedade da liga, aínda que son dirixidos por co-propietarios. Os xogadores negocian e asinan os seus contratos coa liga, non co seu equipo. Na Conferencia Leste hai 8 equipos estadounidenses e 2 canadenses, mentres que na Conferencia Oeste hai 9 estadounidenses e un do Canadá. Tódolos equipos da liga teñen un límite salarial, o que quere dicir que non lle poden pagar ós xogadores unha cantidade superior ó límite marcado. En 2007 o regulamento foi cambiado para permitir que cada equipo poida ter 3 excepcións, é dicir, que cada equipo poida ter 3 xogadores designados que teñen un soldo superior por considerar que son xogadores estrelas. O troco no regulamento veu motivado pola fichaxe de David Beckham polos LA Galaxy.
O líder da táboa cando remata a tempada regular, e mailo equipo que gaña na final, son equipos que teñen dereito a disputar a Liga de Campións da Concacaf na seguinte tempada, sempre que non sexan canadenses, xa que os equipos canadenses acadan o dereito a clasificarse para competicións continentais a través da súa propia competición nacional. Hai outras dúas prazas para disputar a fase previa da Liga de Campións, que son para o equipo que perde na final, e para o equipo que gaña na competición copeira, unha competición na que compiten os equipos da MLS con outros equipos estadounidenses.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Táboa histórica 1996-2010
[editar | editar a fonte]A táboa histórica da MLS está liderada por aqueles equipos que en 1996 foron membros fundadores da competición. Nesta táboa hai 2 equipos que desapareceron trala tempada 2001 (Tampa Bay Munity e Miami Fusion), e outro equipo que ten previsto debutar na tempada 2012 (Montreal Impact). O número 1 desta táboa é o Los Angeles Galaxy, o que quere dicir que dende o nacemento la MLS en 1996 ten sido o equipo mais regular da competición, o cal se confirma no dato de que é o equipo con máis finais disputadas, 7. Na segunda posición está o DC United, que é o equipo con máis títulos no seu palmarés, 4, pero que nos últimos anos ten feitos tempadas pouco salientables. Precisamente os 2 equipos que ocupan as primeiras posición na táboa histórica la MLS, son os 2 únicos equipos da liga que teñen acadado nalgunha ocasión a vitoria final na Liga de Campións da Concacaf, a máxima competición continental de fútbol que se disputa en Norteamérica.
| Posición | Equipo | País | Xog. | Gañ. | Emp. | Per. | G+ | G- | Dif. | PTS |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | Los Angeles Galaxy | 458 | 214 | 80 | 164 | 722 | 526 | 126 | 700 | |
| 2 | DC United | 458 | 203 | 75 | 180 | 742 | 682 | 60 | 648 | |
| 3 | Columbus Crew | 458 | 193 | 85 | 180 | 675 | 641 | 34 | 638 | |
| 4 | FC Dallas | 458 | 192 | 77 | 189 | 691 | 692 | -1 | 623 | |
| 5 | Chicago Fire Soccer Club | 395 | 176 | 82 | 137 | 605 | 519 | 86 | 600 | |
| 6 | Sporting Kansas City | 459 | 151 | 88 | 190 | 645 | 668 | -23 | 599 | |
| 7 | Colorado Rapids | 458 | 179 | 81 | 198 | 620 | 692 | -72 | 594 | |
| 8 | New England Revolution | 459 | 180 | 81 | 198 | 652 | 713 | -71 | 587 | |
| 9 | New York Red Bulls | 458 | 176 | 75 | 207 | 652 | 713 | -71 | 581 | |
| 10 | San Jose Earthquakes | 392 | 162 | 72 | 162 | 569 | 554 | 15 | 520 | |
| 11 | Tampa Bay Mutiny | 187 | 83 | 6 | 98 | 312 | 336 | -24 | 235 | |
| 12 | Houston Dynamo | 151 | 61 | 47 | 44 | 211 | 173 | 38 | 230 | |
| 13 | Chivas USA | 184 | 62 | 44 | 78 | 227 | 254 | -27 | 230 | |
| 14 | Real Salt Lake | 184 | 57 | 51 | 76 | 234 | 253 | -19 | 222 | |
| 15 | Miami Fusion | 122 | 56 | 10 | 56 | 199 | 219 | -20 | 158 | |
| 16 | Toronto FC | 120 | 34 | 32 | 54 | 129 | 179 | -50 | 134 | |
| 17 | Seattle Sounders | 60 | 26 | 17 | 17 | 77 | 64 | 13 | 95 | |
| 18 | Philadelphia Union | 30 | 8 | 7 | 15 | 35 | 49 | -14 | 31 | |
| 19 | Vancouver Whitecaps | 0 | 0 | 0 | 0 | - | ||||
| 20 | Portland Timbers | 0 | 0 | 0 | 0 | - | ||||
| 21 | Montreal Impact | 0 | 0 | 0 | 0 | - |