Saltar ao contido

Partit dels Socialistes de Catalunya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «PSC»)
 Partit dels Socialistes de Catalunya
 Instancia de
 Posición política
 Cargo dirixente
Implicados
 Presidente/a
Miquel Iceta 19 de decembro de 2021 Editar o valor en Wikidata
 Secretario/a
Salvador Illa 19 de decembro de 2021 Editar o valor en Wikidata
Organizacións
 Organización xuvenil
Economía e industria
 Ingresos totais
9622088.91 € (2015) Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
16 de xullo de 1978 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Localización
 Sede
 Lugar de formación
 País
Identificadores
VIAF132511097 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/029vy2 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: PSC Twitter: socialistes_cat Instagram: socialistes_cat Telegram: canalPSC Flickr: 46867958@N05 BNE: XX132328 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC) é un partido socialdemócrata catalán creado o 16 de xullo de 1978 coa fusión do Partit Socialista de Catalunya-Congrés, o Partit Socialista de Catalunya-Reagrupament e a federación catalá do PSOE. O PSC está asociado ó PSOE co que comparte grupo parlamentario no Congreso dos Deputados.

Nas eleccións municipais de 1979 consolídase como a segunda forza de Cataluña. Nas eleccións autonómicas de 1980 presentou como candidato á Generalitat a Joan Reventós que non puido evitar o triunfo do candidato converxente Jordi Pujol. En 1999 consegue ser a forza máis votada nas eleccións autonómicas pero con menos escanos que Convergència i Unió. Tras as eleccións autonómicas de 2003 o candidato do PSC, Pasqual Maragall vai gobernar co apoio de ERC e de ICV-EUiA.