Provincia do Chaco
| Provincia del Chaco (es) | |||||
| Himno | Canta tu canto Chaco (en) | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Arxentina | ||||
| Capital | Resistencia | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.129.606 (2022) | ||||
| Lingua usada | Vilela (en) Língua pilagá (pt) Abipón (en) Lingua weenhayek lingua toba Mocoví (en) Língua quíchua santiagueño (pt) Wichí Lhamtés Vejoz (en) lingua castelá | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 99.633 km² | ||||
| Altitude | 102 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 8 de agosto de 1951 | ||||
| Organización política | |||||
| • Gobernador da Provincia | Leandro César Zdero (2023–) | ||||
| Órgano lexislativo | Chamber of Deputies of Chaco (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | AR-H | ||||
| Sitio web | chaco.gob.ar | ||||
A provincia do Chaco[1] (El Chaco) é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 1 053 466 habitantes (2010) e a súa capital é Resistencia.
A súa economía baséase no sector primario, onde destacan os cultivos de algodón, soia, a produción de gando vacún, e a extracción de madeira.
Conta cunha das maiores poboacións aborixes integrada por mataco - guaycurús (wichís, tamén chamados matacos, qom coñecidos como tobas, e mocovís), como tamén por numerosos descendentes de inmigrantes da Europa Central e Oriental; checos, eslovacos, búlgaros, croatas, montenegrinos e italianos.
No 2010, Chaco pasou a ser a segunda Provincia arxentina en adoptar máis dun idioma oficial, ao declarar os idiomas qom (lingua nativa da etnia toba), moqoit (lingua nativa da etnia mocoví) e wichi (lingua nativa da etnia wichi) como idiomas oficiais alternativos da Provincia. Así, Chaco sumaríase á súa veciña Provincia de Corrientes como as únicas da República Arxentina en posuír máis dun idioma oficial (á parte do español oficial da Arxentina).
Notas e referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 120. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
