Saltar ao contido

Alexisonfire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alexisonfire
 Instancia de
 Epónimo
 Xénero
 Selo discográfico
Obra
 Discografía
Datas
 Fundación / creación
setembro de 2001 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
setembro de 2001 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Premios
 Nomeamentos
Identificadores
VIAF131238156 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000115076399 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03mvpz Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: nm13332527 Facebook: AOFofficial Twitter: aof_official Instagram: aof_official MySpace: alexisonfire Youtube: UCliowYcVdDkiyD0FznZ0nKA Bandcamp: alexisonfire Spotify: 53RsXctnNmj9oKXvcbvzI2 Apple Music: 29405104 Last fm: Alexisonfire Musicbrainz: bc1c8f3f-6f36-4086-a470-87ed813dd429 Songkick: 462640 Discogs: 355457 Allmusic: mn0000003226 Deezer: 4076 Genius: Alexisonfire Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Alexisonfire é unha banda de post-hardcore formada en St. Catharines, Ontario, Canadá durante o ano 2001. O nome da banda separado é "Alexis On Fire" (Alexis ardendo) e non "Alex Is On Fire" (Alex está ardendo). O grupo está composto por George Pettit (voces), Dallas Green (guitarra, piano, voces), Wade MacNeil (guitarra, voces), Chris Steele (baixo) e Jordan Hastings (batería).

Alexisonfire son cinco amigos que decidiron formar unha banda a finais do ano 2001 despois da ruptura doutras tres bandas. Eles tocaron o seu primeiro concerto en Niagara Falls, Ontario, nese mesmo ano. O seu nome é unha especie de homenaxe a Alexis Fire, streaper e actriz estadounidense. Este feito causoulles problemas cando ela descubriu que estaban usando a súa páxina web como nome do grupo, e ameazou con demandalos. Porén, descubriron que o nome non estaba rexistrado, e a cousa non foi máis lonxe. A banda editou o seu primeiro EP, Math Sheet Demos, no 2002, que foi chamado así porque a portada do CD eran os deberes de matemáticas do antigo batería Jesse Ingelevics. A banda chamou a atención do enxeñeiro de son Greg Below e do xornalista de Montreal Mitch Joel. A parella estaba formando o selo Distort Entertainment por esa época, e casualmente andaban na procura de artistas.

O 9 de setembro do 2002 Alexisonfire foi editado. Aínda que tiñan un contrato de distribución coa EMI, o éxito do álbum foi, sobre todo, atribuído ao boca-a-boca. A banda preparouse para promover o traballo, atravesando o Canadá dúas veces, e introducíndose nas escenas estadounidense e europea, tocando xunto con Billy Talent, GWAR, Juliana Theory, Godsmack e Glassjaw. O grupo comezou a tomalo máis como unha ocupación a tempo completo que como un entretemento. Finalmente, Alexisonfire chegaría a vender máis de 50.000 copias, sendo certificado como disco de ouro no Canadá.

Alexisonfire conseguiu a atención de varios grandes selos debido ao éxito do seu primeiro álbum. No entanto, cando comezaron a pensar en faceren un segundo traballo, a banda sentiu que, por razóns artísticas, debían permanecer independentes, xa que así terían máis posibilidades de se desenvolveren e decidiren que dirección tomar. Eles seguiron con Distort Entertainment, e a pesar de teren un produtor famoso, gravaron o álbum con Julius Butty no seu estudio preto de Hamilton, Ontario.

Watch Out! foi editado o 29 de xuño do 2004, e foi un éxito decontado. O álbum estreouse no número 6 da Nielsen SoundScan Top 200, e foi ouro no Canadá en doce semanas. As boas críticas debéronse a que a banda se centrou máis nos 18 meses de xira, permitíndolles puír ben os temas en comparación co primeiro álbum, no que estaban máis no aire.

O 22 de agosto do 2006 a banda editou o seu terceiro álbum, Crisis. O lanzamento coincidiu cunha festa onde a banda actuou nun barco en Londres. Para a promoción do mesmo, a banda saíu de xira polo Canadá con Every Time I Die, Cancer Bats e Attack in Black. Unha vez rematada seguiulle outra xira polos Estados Unidos con Moneen, Cancer Bats e A Change of Pace.

Nese ano tamén recrutaron un segundo guitarrista, chamado Corbin Beard, que segue traballando con eles na actualidade.

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Alexisonfire 2002 Equal Vision Records
Watch Out! 2004 Equal Vision Records
Crisis 2006 Vagrant Records
Old Crows/Young Cardinals 2009 Vagrant Records
Álbum Ano Selo
iTunes Originals 2010 Dine Alone Records
Dog's Blood 2010 Dine Alone Records
Death Letter 2012 Dine Alone Records

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]