Australopithecus africanus
| Australopithecus africanus | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Australopithecus africanus Raymond Dart 1925 | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Categoría taxonómica
| |||||||
|
Tipo taxonómico
| |||||||
|
Taxon superior
| |||||||
|
Nome curto
| |||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||
| Reino | Animalia | ||||||
| Filo | Chordata | ||||||
| Clase | Mammalia | ||||||
| Orde | Primates | ||||||
| Familia | Hominidae | ||||||
| Xénero | †Australopithecus | ||||||
| Especie | †A. africanus | ||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
O Australopithecus africanus é unha especie homínida do xénero Australopithecus cunha antigüidade de entre 3,3 e 2,5 millóns de anos, no Plioceno. O A. africanus estaba máis evoluído que o Australopithecus afarensis, cun cranio máis arrondeado e semellante ao humano, e o cerebro máis grande en relación ao tamaño do corpo.
Características
[editar | editar a fonte]
O nome deullo Raymond Dart ao describir o Neno de Taung en 1924, o primeiro fósil austolopitecino que se atopou, aínda que foi rexeitado nun primeiro momento pola comunidade científica. En 1936 Robert Broom descobre en Sterkfontein o segundo fósil da especie, Broom continúa as escavacións en Sterkfontein ata 1947, ano no que se descobre o fósil coñecido como Mrs Ples, un esqueleto case completo dun A. africanus macho, o que corroborou as investigacións de Dart. A maioría dos fósiles de A. africanus atopáronse en Suráfrica, cuns poucos restos en Koobi Fora e outros lugares de África.
O Australopithecus africanus era bípede, pero tamén podía abalarse entre as árbores, e aínda que podía empregar esporadicamente útiles, non era cazador. O seu peso estímase entre 30 e 60 kg e a altura en 1,5 m