Saltar ao contido

CP 500

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CP 500
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Produción
 Fabricante
Características
 Procesador
Wikidata C:Commons

O CP 500 foi un ordenador brasileiro fabricado pola compañía Prológica, baseado e totalmente compatible en hardware e software co ordenador TRS-80 Modelo III, da Tandy Corporation.[1][2][3] O modelo inicial foi producido en 1982, e axiña conseguiu grande éxito nas vendas, sendo obxecto de varios artigos en revistas especializadas en informática e electrónica da época, como a revista Micro Sistemas e Nova Eletrônica. O equipo era construído en monobloque (proxecto do deseñador italiano Luciano Deviá, 1943-2014),[4][5] con todos os principais dispositivos de entrada e saída xuntos, e constaba de monitor, unidades de disco e teclado.[6][7]

Modelo inicial, lanzado en abril de 1982. Véndese en configuración sen ou con unha ou dúas unidades de disco de altura completa de 5" 1/4 e 178 kB.[2][3][8] Tamén houbo unha variación en grafito deste modelo lanzada pouco antes do lanzamento do CP 500/M80.

CP 500/M80

[editar | editar a fonte]

Lanzado en 1985, a cor do gabinete cambiou de beis a grafito.[9] Ademais desta mudanza estética, a máquina podía funcionar baixo o SO-08, un clon do CP/M de Digital Research, podendo acceder a ata 64 kB de RAM e usar a vasta biblioteca de software existente do CP/M.[10] Cun porto RS-232 (mediante un adaptador conectado ao porto propietario CP532C), tamén podía acceder aos incipientes sistemas de videotexto da época.

CP 500/M80C

[editar | editar a fonte]

Lanzado en 1986 en branco, era un 30% máis compacto que o seu predecesor (de aí o «C» do nome), grazas ao uso de unidades de disco delgadas de 5" 1/4, agora colocadas en posición vertical no gabinete.[11][12] Este modelo xa non tiña o porto para gravador de casete, aínda que si que había o burato correspondente no panel traseiro metálico e os espazos axeitados para os compoñentes do circuíto de casete na placa principal. Permaneceu en produción ata setembro de 1988, mesmo despois do lanzamento do CP 500/Turbo.

CP 500/Turbo

[editar | editar a fonte]

Último lanzamento da gama en 1987.[13] Semellante ao CP 500/M80C, pero en cor grafito e cunha CPU máis rápida, de 4 MHz.

Modelo Ano CPU ROM RAM Resolución de texto Gráficos Compatibilidade
CP500 1982 Z80 @ 2 MHz 16 kB 48 kB 64×16–32×16 128×48 TRS-80 Modelo I/III
CP500 M80 1985 Z80 @ 2 MHz 16 kB (ou 2 kB)* 48 kB (ou 64 kB)* 64×16–32×16–80×24 128×48 TRS-80 Modelo I/III/4
CP500 M80C 1986 Z80 @ 2 MHz 16 kB (ou 2 kB)* 48 kB (ou 64 kB)* 64×16–32×16–80×24 128×48 TRS-80 Modelo I/III/4
CP500 Turbo 1987 Z80 @ 4 MHz 16 kB (ou 2 kB)* 48 kB (ou 64 kB)* 64×16–32×16–80×24 128×48 TRS-80 Modelo I/III/4

* –«O CP500 M80 e os modelos producidos máis tarde, estaban equipados cunha tarxeta que os facía capaces de executar o sistema operativo CP/M. CP/M deixa 64 kB de RAM dispoñibles para o sistema e reduce o espazo de enderezos da ROM a só 2 kB».[7]

Almacenamento de datos

[editar | editar a fonte]

O almacenamento de datos realizouse en cintas casete de audio a 300 bits por segundo.[4]

Co ordenador fornecéronse cables de son, para a conexión cun gravador de cinta normal.[4]

  1. CARDI, MARILZA CARDI (2002). EVOLUÇÃO DA COMPUTAÇÃO NO BRASIL E SUA RELAÇÃO COM FATOS INTERNACIONAIS (PDF) (en portugués). Florianópolis, SC: Universidade Federal de Santa Catarina. 
  2. 2,0 2,1 "Prológica em 7 anos vira a maior produtora de micros" (PDF). Jornal do Brasil (en portugués). 1984-09-26. p. 16. 
  3. 3,0 3,1 "Computer's description - CP 500". 1000 BiT (en inglés). Consultado o 2022-12-19. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Manual Técnico CP 500 (PDF) (en portugués). Prológica Computadores. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2021-09-24. 
  5. "Histórias da Prológica" (en portugués). All Digital Soluções. 15 de febreiro de 2021. Consultado o 24 de novembro de 2025. 
  6. "CP 500, um sucesso de venda dos anos 80" (en portugués). Consultado o 23 de febreiro de 2016. 
  7. 7,0 7,1 Dutra, Miguel (26 de abril de 2025). "CP500: um clone brasileiro do TRS-80" (en portugués). Museu OldBits. Consultado o 24 de novembro de 2025. 
  8. Velasco, Marcos. "Computador Prológica CP-500 Bege". MV Museu de Tecnologia e Software (en portugués). Consultado o 2023-01-06. 
  9. "Computer's description CP 500/M80". 1000 BiT (en inglés). Consultado o 2022-12-19. 
  10. Velasco, Marcos. "Computador Prológica CP-500 M80". MV Museu de Tecnologia e Software (en portugués). Consultado o 2023-01-06. 
  11. "Computer's description CP 500/M80C". 1000 BiT (en portugués). Consultado o 2022-12-19. 
  12. Velasco, Marcos. "Computador Prológica CP-500 M80c". MV Museu de Tecnologia e Software. Consultado o 2023-01-06. 
  13. "Computer's description CP 500 Turbo". 1000 BiT (en inglés). Consultado o 2022-12-19. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • "CP 500". MCI (en portugués). Archived from the original on 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 25 de novembro de 2025.