Calanda
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Aragón | ||||
| Provincia | Provincia de Teruel | ||||
| Capital | Calanda | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 3.745 (2025) | ||||
| Lingua oficial | lingua castelá (lingua predominante) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 112,249628 km² | ||||
| Altitude | 621 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Santo padrón | Nosa Señora do Pilar | ||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | José Alberto Herrero Bono (2019–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 44570 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 44051 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | calanda.es | ||||
Calanda é un concello da provincia de Teruel (Aragón, España). Está situado na bisbarra do Bajo Aragón.
Historia e características
[editar | editar a fonte]A súa Semana Santa é de interese turístico por pertencer á Ruta del tambor y el bombo. É coñecida internacionalmente pola "Rompida da hora" ás 12 da mañá do Venres Santo. Os "putuntunes" (soldados vestidos de romanos) permanecen ata as 2 da tarde do Sábado Santo tocando os seus tambores en sinal de dor.
Pola zona pasaron os romanos e os árabes. A orixe da afección a tocar tambores e bombos vén da época das loitas cos árabes (século XII), xa que serviron para avisar dos ataques destes. Posteriormente utilizouse como instrumento de celebracións.
Os edificios relixiosos existentes son a Igrexa Parroquial da Nosa Señora da Esperanza (século XVIII), de estilo barroco; a Igrexa Parroquial da Virxe do Pilar (século XVIII); a Ermida de Santa Bárbara (século XV) e a Ermida do Humilladeiro (século XVIII). No alto dun outeiro ás aforas da poboación pódese ver o Calvario.
A vila está regada polos ríos Guadalope e Guadalopillo.
Produción de pexego con denominación de orixe, aceite con denominación de orixe, améndoa e cereal, así como refractarios e outras industrias e servizos.
Calanda é mundialmente coñecida pola súa Semana Santa e polo seu máis ilustre veciño, Luis Buñuel (a quen no seu momento botaron da vila por roxo), director de cine español, considerado o pai do surrealismo. Outras personaxes menos coñecidas, pero con igual importancia son: Gaspar Sanz, compositor barroco de guitarra española, que traballou para a Corte, e é coñecido pola súa Instrucción de música sobre la guitarra española; Miguel Pellicer, calandino famoso polo seu milagre, xa que pola importancia deste foi coñecida mundialmente a Virxe do Pilar, patroa da Hispanidade; o Cardeal Cascajares, cardeal nomeado polo Papa e o bispo de Calahorra A Rioxa; mosén Vicente Allanegui, o impulsor da Semana Santa calandina; o pai Manuel Mindán, falecido recentemente, gran filósofo e catedrático; Miguel Sancho Izquierdo, catedrático de Dereito e ex-reitor da Universidade de Zaragoza.
Poboación
[editar | editar a fonte]| Variación demográfica do Concello entre 1991 e 2004 | |||
|---|---|---|---|
| 2004 | 2001 | 1996 | 1991 |
| 3598 | 3474 | 3596 | 3552 |
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Calanda |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha da poboación (en castelán)
- Foro de Calanda (en castelán)
