Capra pyrenaica pyrenaica
| Capra pyrenaica pyrenaica | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Capra pyrenaica pyrenaica Heinrich Rudolf Schinz 1838 | |||||
|
Instancia de
| |||||
|
Categoría taxonómica
| |||||
|
Taxon superior
| |||||
| Conservación | |||||
| Clasificación taxonómica | |||||
| Reino | Animalia | ||||
| Filo | Chordata | ||||
| Clase | Mammalia | ||||
| Orde | Artiodactyla | ||||
| Familia | Bovidae | ||||
| Xénero | Capra | ||||
| Especie | C. pyrenaica | ||||
| Subespecie | C. pyrenaica pyrenaica | ||||
| Identificadores | |||||
| |||||
| Wikidata C:Commons | |||||

A Capra pyrenaica pyrenaica é unha subespecie de cabra montesa. Esta subespecie de cabra montesa ibérica estaba en perigo de extinción dende comezos do século XX, e foi catalogada como «especie en perigo crítico de extinción» (CR) polo Specialist Caprinae Group da IUCN en 1997.[1] O 6 de xaneiro de 2000 achouse morto o derradeiro exemplar, unha femia, que vivía en España.[2]
Xunto coa Capra pyrenaica lusitanica, que se extinguiu en 1892, é unha das dúas subespecies de cabra montesa que desapareceron. Diferenciábase das outras subespecies principalmente polo seu pelo máis longo e denso no inverno e a base máis grosa dos cornos, tanto en machos coma en femias. A cornamenta do bucardo era, asemade, a máis longa de entre as catro subespecies de cabra montesa que habitaron a Península Ibérica.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ García-González, R. y J. Herrero (1999) «El bucardo de los pirineos: Historia de una extinción.», en Galemys II (I), 1999. Galemys. Consultado o 15 de xuño de 2014.
- ↑ «La foto de la resurrección de una especie extinguida.» El Mundo. Consultado o 15 de xuño de 2014.
- ↑ Alados, C. L., Escós, J. (2012) «Cabra montés-Capra pyrenaica», en Enciclopedia Virtual de los Vertebrados Españoles. Salvador, A., Cassinello, J. (Eds.). Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid. Museo Nacional de Ciencias Naturales. Consultado o 15 de xuño de 2014.
