Saltar ao contido

Cursive

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cursive
 Instancia de
 Xénero
 Composto por
 Selo discográfico
Obra
 Discografía
Datas
 Fundación / creación
1995 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
1995 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Identificadores
VIAF155137136 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000470472070 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/038g24 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: cursive Twitter: cursivetheband Instagram: cursivetheband MySpace: cursive Youtube: UCcaBexDTDfj9i6vSVabLZHQ Bandcamp: cursiveSouncloud: cursive Spotify: 1sylmUjlKYsLA49YtkNHW3 Apple Music: 150633966 Last fm: Cursive Musicbrainz: c4153c51-b4ac-4183-beb3-c5dbfce39176 Songkick: 251391 Discogs: 254433 Allmusic: mn0000138271 Deezer: 3913 Genius: Cursive Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Cursive é unha banda estadounidense de indie rock procedente de Omaha, Nebraska e formada no ano 1995 a partir das cinzas do grupo Slowdown Virginia. O grupo acadou a fama co seu álbum do ano 2000 Domestica e conseguiu éxito comercial e da crítica co de 2003 The Ugly Organ.[1] Cursive leva publicados oito álbums de estudio, un recompilatorio e varios sinxelos e EPs dende o ano 1997.

Entre as influencias de Cursive atópanse bandas como Fugazi, Shudder to Think, Archers of Loaf e Brainiac.[2][3]

A banda formárona na primavera de 1995 Tim Kasher, Matt Maginn, Steve Pedersen e Clint Schnase pouco despois de que Slowdown Virginia se separase. Kasher dixo que o nome do grupo inspirouse nunha pasaxe dun libro de V. S. Naipaul, na cal os británicos forzaban aos indios subxugados a aprender a escribir en inglés con letra cursiva, simbólico dun exercicio sen sentido nin valor, e Kasher compárao coa banda forzando a música como unha disciplina, tomándoo seriamente.[4]

Cun son inicial semellante ao de At the Drive-In,[5] o grupo lanzou en 1996 o EP The Disruption a través do selo Lumberjack Records, seguido en 1997 polo EP Sucker and Dry a través de Zero Hour Records e o seu álbum de estrea Such Blinding Stars for Starving Eyes, publicado por Crank! Records. A principios de 1998 apareceu un novo EP da banda, The Icebreaker, e a finais, despois dun par de anos de xira, Cursive anunciou a súa separación. A principal causa foi o matrimonio de Kasher e a súa mudanza a Portland, Oregón, coa súa muller, aínda que o guitarrista Pedersen tamén tiña en mente deixar a banda e estudar dereito en Carolina do Norte.[6]

Antes de separarse a banda gravouo álbum The Storms of Early Summer: Semantics como despedida, que sería lanzado no outono dese ano a través do selo Saddle Creek Records. The Storms of Early Summer foi o primeiro álbum conceptual de Kasher e Cursive, sendo o tema da primeira parte do álbum "Man vs. Nature" e o da segunda "Man vs. Self". O disco destacou polo seu intricado traballo de guitarra, letras profundas, e os inicios dunha estrutura de cancións math-rock/pop, características que se desenvolverían aínda máis en futuros álbums da banda.[7][8]

No verán de 1999 Cursive volveuse a reunir cando Kasher se divorciou e regresou a Omaha. Pedersen comezara a estudar na escola de dereito e posteriormente formou The White Octave, entón Ted Stevens, anteriormente en Lullaby for the Working Class, uniuse á banda. No ano 2000 publicaron o seu álbum conceptual Domestica, que falaba sobre a disolución dun matrimonio e gañou a atención dos seareiros e da crítica.[9]

Aínda que non se trataba dun relato autobiográfico do seu matrimonio, Kasher recoñeceu que a súa propia experiencia influenciou fortemente o álbum, a pesar de que algúns das dinámicas da relación, como a infidelidade, non eran autobiográficas.[10]

Cursive engadíua á chelista Gretta Cohn no ano 2001 xa que Kasher sentía que a súa inclusión podía axudar a evolucionar o son da banda. As cordas engadíronlle á banda sons complementarios ao seu EP Burst and Bloom, editado ese mesmo ano. En 2002 o grupo lanzou un álbum compartido cos xaponeses Eastern Youth chamado 8 Teeth to Eat You a través do selo Better Looking Records. No ano 2002 participou na xira Take Action Tour, destinada á prevención do suicidio entre a mocidade, ao lado de bandas como Jimmy Eat World, Le Tigre, Thursday, The Promise Ring, The (International) Noise Conspiracy, Cave In, Poison The Well e Anti-Flag.[11]

The Ugly Organ e hiato

[editar | editar a fonte]

Saddle Creek Records editou The Ugly Organ no 2003. Rolling Stone deulle unha puntuación de 4 estrelas, mentres que a revista de música alternativa Alternative Press dñeulle unha puntuación de 5 sobre 5. No ano 2004 The Cure elixiu a Cursive para xirar con eles na súa xira Curiosa, xunto con Interpol, The Rapture, Mogwai, Scarling. e The Cooper Temple Clause. Despois diso a banda entrou en hiato sen especificar unha data de regreso.

O selo sacou un recompilatorio de cancións non editadas e caras-b, The Difference Between Houses and Homes, o 9 de agosto do 2005. Gretta deixou a banda a mediados dese ano para adicarse a outros proxectos musicais e formou a banda Twin Thousands, con base en Brooklyn. O grupo non lle buscou substituto e converteuse nun cuarteto.

Despois do hiato, Saddle Creek anunciou que Kasher deixara temporalmente de traballar no seu proxecto paralelo, The Good Life, para comezar a gravar un disco con Cursive. O álbum, Happy Hollow, foi editado o 22 de agosto do 2006, e o seu primeiro sinxelo foi "Dorothy at Forty", aparecido o 11 de xullo. Con este álbum, Kasher deixou atrás as súas letras auto-reflexivas para concentrarse na política, as vidas baleiras e a hipocrisía relixiosa.[12] As revistas musicais Spin, URB, Time Out New York e Blender déronlle ao disco catro estrelas, e a Rolling Stone outorgoulle un 3,5,[13] mentres que a revista alternativa Alternative Press deulle un 5 sobre 5.

En outubro, despois da edición, a banda revelou plans de ofrecer ao seu público a posibilidade de que remesturase o tema "Bad Sects" nun concurso a través da súa páxina. O tema do gañador aparecería como cara-b nun novo sinxelo de Cursive.

O sexto álbum de Cursive Mama, I'm Swollen, editouse o 10 de marzo do 2009 a través do selo Saddle Creek Records. Tres días despois Cursive realizou a súa rimeira actuacición en televisión, tocando "From The Hips" no programa Late Show with David Letterman.[14] O álbum foi o primeiro gravado sen o batería Clint Schnase, que deixou a banda en outubro de 2007. Schnase foi substituído por Matt "Cornbread" Compton, que xa xirara anteriormente co grupo.[15]

O seu sétimo álbum, I Am Gemini, foi publicado o 21 de febreiro de 2012 a través de Saddle Creek Records. Cornbread Compton foi substituído por Cully Symington antes da gravación do disco. Cunhas letras descritas por Ian Cohen de Pitchfork Media como un "libreto completo", I Am Gemini está presentado como unha obra de teatro, contando a historia de "irmáns xemelgos separados ao nacer, un bo e outro malo, a súa inesperada reunión nunha casa que non é un fogar inicia unha loita clásica pola alma".[16] O álbum caracterízase por ser de acceso musical difícil, con Tyler Kain de Paste Magazine dicindo "as partes distintivas [de Cursive] aínda están aí con esas partes de guitarra retorcidas e sinuosas, e as liñas de baixo melódicas e aterciopeladas de Matt Maginn. Pero a exploración de cambios extravagantes, tempos divertidos e rupturas próximas ao metal poden facer difícil de escoitar a Gemini de primeiras".

The Ugly Organ foi reeditado por Saddle Creek en 2014, contando con catro temas adicionais editados no álbum compartido 8 Teeth to Eat You e catro máis aparecidos en sinxelos e recompilatorios. Cursive realizou unha breve xira na primavera dese ano para promover o lanzamento.[17]

15 Passenger, Vitriola, and Get Fixed

[editar | editar a fonte]

Cursive lanzou o seu propio selo discográfico, chamado 15 Passenger, a principios de 2017. O lanzamento de estrea para o selo foi un novo álbum en solitario de Kasher, No Resolution.[18] A banda reeditou os seus dous primeiros álbums a través de 15 Passenger no outono de 2017, coa intención de seguir reeditando todos os seus lanzamentos a través do selo así como material novo. Ademais do traballo de Cursive e Kasher, 15 Passenger tamén publica material doutros artistas.[19]

En agosto de 2018 Cursive anunciou o seu oitavo álbum de estudio, Vitriola. Tamén se anunciou que Clint Schnase volvería á banda para que o anterior batería Symington se concentrase na gravación e na xira con Sparta. O álbum tamén conta con contribucións da violonchelista Megan Seibe, que xa realizara unha xira xunto a Kasher nun modo de dúo acústico. Este é o primeiro álbum de Cursive que inclúe violonchelo dende The Ugly Organ. O sinxelo principal do disco, "Life Savings", foi lanzado o mesmo día.[20]

Get Fixed, o noveno álbum de estudio da banda, anunciouse xunto co lanzamento da canción "Stranded Satellite" o 1 de outubro de 2019. Get Fixed publicouse dixitalmente o 11 de outubro de 2019. As versións en vinilo e CD publicáronse o 17 de xaneiro de 2020. As cancións do álbum foron principalmente escritas e gravadas durante as sesións para Vitriola coa intención de lanzar un álbum dobre. A banda acabou planeando as cancións para un segundo disco, e escribiu algún novo material para acompañar as cancións gravadas durante Vitriola.[21] O anuncio do álbum foi precedido polo lanzamento das cancións "Barricades", "Black Hole Town" e "Marigolds" en setembro de 2019.[22]

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Such Blinding Stars for Starving Eyes 1997 Crank!
The Storms of Early Summer: Semantics of Song 1998 Saddle Creek
Domestica 2000 Saddle Creek
The Ugly Organ 2003 Saddle Creek
Happy Hollow 2006 Saddle Creek
Mama, I'm Swollen 2009 Saddle Creek
I Am Gemini 2012 Saddle Creek, Big Scary Monsters
Vitriola 2018 15 Passenger
Get Fixed 2019 15 Passenger
  1. PopMatters (ed.). "Cursive - The Ugly Organ (Reissue)". Consultado o 16 de febreiro de 2017. 
  2. "Songs Perverse and Songs of Lament: Reflections on Cursive's Accidental Masterpiece, 'The Ugly Organ'". www.vice.com (en sueco). Consultado o 2020-08-04. 
  3. "Art Rock Is Hard: The Oral History of Cursive’s The Ugly Organ". Spin. Consultado o 4 de xullo de 2024. 
  4. "Cursive". freewilliamsburg.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 2020-08-04. 
  5. Punknews.org. "Cursive - The Difference Between Houses And Homes (Lost Songs And Loose Ends 1995-2001)". www.punknews.org (en inglés). Consultado o 2020-08-04. 
  6. "Solving a Million and One Philosophical Dilemmas with Tim Kasher of Cursive | Welcome to Flavor Country". web.archive.org. 2013-12-19. Archived from the original on 19 de decembro de 2013. Consultado o 2020-08-04. 
  7. "The Storms of Early Summer: Semantics of Song - Cursive | Songs, Reviews, Credits | AllMusic" (en inglés). Consultado o 2020-08-04. 
  8. Punknews.org. "Cursive - The Storms of Early Summer: Semantics of Song". www.punknews.org (en inglés). Consultado o 2020-08-04. 
  9. Punknews.org. "Cursive - Burst And Bloom". www.punknews.org (en inglés). Consultado o 2020-08-04. 
  10. "Lazyeye Interview: Cursive - Domestica". www.timmcmahan.com. Consultado o 2020-08-05. 
  11. Punknews.org. "Plea For Peace / Take Action Tour 2002". www.punknews.org (en inglés). Consultado o 2020-08-05. 
  12. Punknews (ed.). "Cursive - Happy Hollow". Consultado o 29 de decembro de 2017. 
  13. Metacritic (ed.). "Happy Hollow by Cursive". Consultado o 29 de decembro de 2017. 
  14. Punknews (ed.). "Cursive: “From The Hips” live on Letterman". Consultado o 29 de decembro de 2017. 
  15. Altpress (ed.). "Clint Schnase leaves Cursive". Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2017. Consultado o 29 de decembro de 2017. 
  16. "Cursive: I Am Gemini". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-08-04. 
  17. Minsker, Evan. "Cursive Announce The Ugly Organ Reissue, Tour". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-08-05. 
  18. McMahan, Tim (2017-01-13). "What's 15 Passenger (and what's it mean for Saddle Creek)? New Kasher music; Dave Dondero, The Morbs, Red Cities tonight; Worried Mothers Saturday; Cold Cave CANCELLED…". Lazy-i (en inglés). Consultado o 2024-07-04. 
  19. "15 Passenger - About". 15passenger.com. Consultado o 2024-07-04. 
  20. "Cursive - "Life Savings"". Stereogum (en inglés). 2018-08-08. Consultado o 2024-07-04. 
  21. "Cursive Announce Surprise Album Get Fixed, Share Single “Stranded Satellite”". Paste. Consultado o 5 de xullo de 2024. 
  22. "Cursive Announce New Album for Release Next Week, Share New Song “Stranded Satellite”". Under the Radar. Consultado o 5 de xullo de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]