Don't Hug Me I'm Scared
Don't Hug Me I'm Scared | |
---|---|
Tipo | serie web ![]() |
Xénero artístico | telecomedia ![]() |
Lingua orixinal | lingua inglesa ![]() |
Publicación | |
País orixe | Reino Unido ![]() |
Distribuidor/a | Turner Broadcasting System ![]() |
Emisora orixinal | YouTube ![]() |
Datas | |
Comezo | 29 de xullo de 2011 ![]() |
Remate | 19 de xuño de 2016 ![]() |
Dimensións | |
Episodios | 6 ![]() |
Contacto | |
Páxina WEB | beckyandjoes.com… ![]() |
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
Don't Hug Me I'm Scared (adoito abreviado DHMIS) é unha serie británica de curtas, creada por Becky Sloan e Joseph Pelling en 2011. Foi orixinariamente emitida a través da web dos artistas, aínda que despois foi subida a outras plataformas coma YouTube.[1]
Cada episodio semella a un típico programa infantil de televisión que consiste en monicreques que cantan e falan coma os de Sesame Street, mais eventualmente toma un xiro escuro, adoito empregando gore. A serie é unha parodia dos programas infantís de televisión ironicamente xustapoñendo o manexo de monicreques e números musicais, contido psicodélico e imaxes desacougantes. Cinco episodios foron emitidos até agora[cando?] e trataron sobre a creatividade, o tempo, o amor, a tecnoloxía e a nutrición. Un sexto episodio está planeado para ser producido.[2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Cada episodio xira en torno a Yellow Guy, Red Guy e Duck Guy coñecendo un ou varios mestres antropomórficos, que comezan un número musical relacionado cun concepto básico da vida do día a día cunha melodía optimista semellante a unha canción infantil. A medida que a canción avanta, faise cada vez máis evidente que o "mestre" está sutilmente tentando condicionar ás personaxes principais para que compartan as súas propias opinións e crenzas sobre o tema, cun ton humorístico. O clímax de cada episodio, polo xeral, implica un elemento de shock cun emprego intenso de imaxes gore.
O primeiro episodio presenta un caderno de bosquexos ensinando aos protagonistas sobre a creatividade. O caderno de bosquexos anima aos monicreques a seren creativos a través de actividades infantís, como a interpretación das nubes ou pintando e facendo modelos de brillantina. Isto resulta nunha violenta e esaxerada representación dos monicreques, que comezan freneticamente a bailar e fan pasteis e colaxes con órganos. O vídeo remata con todo aparentemente devolto á normalidade mailo caderno de bosquexos pedindo a todos que nunca sexan creativos de novo.[3]
O segundo vídeo presenta a Tony the Talking Clock que canta sobre o concepto do tempo e como está relacionado coa vida cotiá. Tony explica como o tempo é empregado para "medir o día" e como todas as cousas cambian co tempo.[4] Esta mensaxe é esaxerada preto do final do episodio co incremento dramático do paso do tempo mentres os corpos dos monicreques estanse a descompor axiña ante os seus ollos. Os eventos foron, sinxelamente, un programa de televisión observado polos tres amigos.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sloan, Becky and Pelling, Joseph. Becky & Joe’s Art. "Awards." "Festivals." "Talks." beckyandjoes.com. Web. 3 March 2014. <http://beckyandjoes.com/where/>.
- ↑ "Don't Hug Me I'm Scared : The Series by Becky and Joe — Kickstarter". Consultado o 27 de maio do 2014.
- ↑ "Don't Hug me I'm Scared". Consultado o 16 de outubro do 2015.
- ↑ "Becky&Joe are this week's Dazed Visionaries". Consultado o 16 de outubro de 2015.
- ↑ "Don't Hug Me I'm Scared 2 - TIME". Consultado o 16 de outubro do 2015..