Ed Lu
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1 de xullo de 1963 Springfield, Estados Unidos de América |
| Educación | Universidade Stanford Universidade Cornell Cornell University College of Engineering (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | físico, astronauta |
| Empregador | NASA, astronauta |
| Tempo no espazo | 205 días, 23 horas e 18 minutos |
| Misión do astronauta | |
| Premios | |
Edward Tsang "Ed" Lu, nado en Springfield (Massachusetts), o 1 de xullo de 1963, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-106, STS-84 e Soiuz TMA-2, sendo membro da Expedición 7 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Lu graduouse en enxeñaría eléctrica pola Universidade Cornell en 1984 e ten un doutoramento en física aplicada pola Universidade Stanford en 1989.[1][2]
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en decembro de 1994, participando nas misións STS-106, STS-84 e Soiuz TMA-2 e sendo membro da Expedición 7 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 205,97 días no espazo.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Lu, Edward Tsang" (en inglés). Consultado o 30 de agosto de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (agosto de 2007). "EDWARD TSANG LU (PH.D.)NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 30 de agosto de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ed Lu |