Erika Lust
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (sv) Erika Ellinor Hallqvist 5 de abril de 1977 Estocolmo, Suecia |
| Educación | Universidade de Lund - ciencia política (–1999) |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Barcelona |
| Ocupación | director de cinema pornográfico |
| Período de actividade | 2004 |
| Influencias | |
| Pseudónimo literario | Erika Lust |
| Participou en | |
| FICEB (pt) | |
| TEDx talk (en) | |
| Festival Internacional de Cinema de Chicago (pt) |
|
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Pornopedia, |
| Sitio web | erikalust.com |
Erika Lust, nada en Estocolmo en 1977, é unha produtora de filmes pornográficos sueca. É a cofundadora da Lust Films. Dende o ano 2000 reside en Barcelona.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse en Estocolmo en ciencias políticas e feminismo pola Universidade de Lund. Os seus filmes adoptan unha óptica feminina, é dicir, están destinados a excitar as mulleres, mostrando como a parella fai o amor, a forma de se bicaren e tiraren a roupa etc.
En 2004 dirixiu The good girl, unha curta de 25 minutos de duración que foi premiada como a mellor curtametraxe do ano no Festival Internacional de Cinema Erótico de Barcelona (FICEB 2005). En 2007 dirixiu Five Hot Stories for Her, unha compilación de cinco curtas coa que gañou o premio ao Mellor Guión no Festival de Cinema Erótico de Barcelona en 2007, Mellor Filme para Mulleres no E-Erotic Awards Line (Berlín, 2007), obtivo unha unha mención honrosa no Festival CineKink (Nova York, 2008) e recibiu o premio de Mellor Filme do Ano no Feminist Porn Awards, celebrado en Toronto en 2008. Nese ano, 2008, escribiu e dirixiu Barcelona Sex Project, un filme experimental independente adulto cun ollar máis atento para as vidas de tres homes e tres mulleres.
É tamén a autora do libro Good Porn: A Woman's Guide.