Saltar ao contido

Fuet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fuet
 Instancia de
 Composto por
 Nome orixinal
fuet Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
TasteAtlasfuet Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/020lsx Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O fuet, tamén coñecido como espetec, tastet, petador ou secallona, é un embutido típico de Cataluña. É unha longaínza fina, longa e recta. Está feito con febra de porco, touciño picado e adobado con pementa negra e sal, e embutido en tripas de porco. É habitual que durante o seu proceso de repouso se formen na súa capa externa unhas manchas brancas.

Actualmente, o centro xeográfico da creación de fuet é a comarca de Osona, onde se utiliza o porco de Vic como base, aínda que se fai en toda Cataluña. Tamén ten moita fama o fuet de Olot.