Os bens dixitais (videoxogos e filmes) poden ser comprados, descargados en liña e distribuídos sen xestión de dereitos dixitais.[5] Os produtos dixitais de GOG.com entregarse a outras persoas a través de certificados de regalo canxeables.[6]
O usuario non ten que instalar un cliente de software especial para descargar ou executar os xogos,[7] aínda que esta dispoñible un xestor de descargas, que se eliminará gradualmente,[8] e GOG Galaxy. Despois da descarga, o consumidor é libre de usar o software para calquera uso persoal como instalalo en múltiples dispositivos,[9] gardalo en calquera medio de almacenamento persoal por tempo ilimitado, modificalo e parchéalo; coa restrición de que non se pode revendelo nin compartilo.[10] Os instaladores son tecnicamente independentes da conta do cliente, aínda que están suxeitos ao EULA de GOG.com, onde utilizase a formulación "con licenza, non vendido".[10] O modelo "con licenza, non vendido" frecuentemente expón dúbidas sobre a propiedade dos bens dixitais.[11] Na Unión Europea, o Tribunal Europeo de Xustiza sostivo que un titular dos dereitos de copyright non pode opoñerse a revenda de software dixital, de acordo coa regra de esgotamento dos dereitos de autor na primeira venda cando se transfire a propiedade, polo tanto cuestiona o EULA "con licenza, non vendido".[12][13][14][15][16][17]
Xunto cos xogos, os compradores tamén poden descargar numerosos materiais extra relacionados co xogo que compraron. Poden incluír neses extras a banda sonora orixinal do xogo (en parte como FLAC),[18]fondos de pantalla, avatares, e manuais. GOG.com tamén ofrece atención ao cliente para todas as compras e garantía de devolución do diñeiro nos primeiros 30 días.[19]