Saltar ao contido

Georges Mathieu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGeorges Mathieu
Biografía
Nacemento(fr) Georges Victor Adolphe Mathieu Editar o valor en Wikidata
27 de xaneiro de 1921.
Francia Boulogne-sur-Mer, Paso de Calais, Francia.
Morte10 de xuño de 2012 (91 anos)
Boulogne-Billancourt, Altos do Sena, Francia.
Lugar de sepulturaCemiterio de Montmartre
País de nacionalidadeFrancia Francés.
EducaciónUniversidade de Lille.
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor en Wikidata
OcupaciónPintor, deseñador de moedas e de selos, edcritor, teórico da arte, ceramista.
Membro de
Academia de Belas Artes de Francia.
Sociedade para o Fomento das Artes e os Oficios.
Xénero artísticoTachismo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
MovementoExpresionismo abstracto, abstracción lírica, Tachismo.
RepresentanteGalerie Stadler (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
11 de xullo de 1959Documenta II (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeAdélaïde de Boisserée Editar o valor en Wikidata
PaisAdolphe Georges Mathieu Editar o valor en Wikidata  e Madeleine Durpé. Editar o valor en Wikidata
Premios
Cabaleiro da Lexión de Honra.
Comendador da Orde das Artes e as Letras.
Oficial da Orde da Coroa.
Sinatura

Sitio webgeorges-mathieu.fr Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1189195


Georges Mathieu, nado en Boulogne-sur-Mer o 27 de xaneiro de 1921 e finado en Boulogne-Billancourt o 10 de xuño de 2012, foi un pintor, teórico da arte, escritor e deseñador de moedas e de selos francés.

Mathieu está considerado un dos pais da abstracción lírica europea.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

Georges Mathieu naceu o 27 de xaneiro de 1912 na localidade francesa de Boulogne-sur-Mer,[1][2][3] fillo de Madeleine Durpé e de Adolphe Georges Mathieu, director dunha oficina bancaria, con quen aprendeu os rudimentos do debuxo.[4]

Cursou os seus primeiros estudos en Boulogne-sur-Mer e o ensino secundario no Licée Hoche de Versalles. Posteriormente cursou estudos superiores de Filosofía e Letras e de Dereito na Universidade de Lille,[2] onde acadou a súa graduación en Filoloxía Inglesa en 1941.[1] Esta formación permitiulle dedicarse ao ensino do inglés —nun instituto de secundaria en Douai e na Universidade Americana de Biarritz,[1] que compaxinou con outros labores, como o de tradutor para o exército estadounidense.[4]

Traxectoria artística

[editar | editar a fonte]

Mathieu iniciouse na pintura ao óleo en 1942,[1] e dous anos máis tarde comezou a definir o seu propio enfoque artístico,[4] decantándose pola pintura xestual. Foi o primeiro artista da época en Francia en situarse contra a abstracción xeométrica. En 1946 celebrou a súa primeira exposición no Salón dos Menores de Trinta Anos, en París.[1][4]

A partir de 1947 organizou unha serie de eventos en favor dunha arte liberada das restricións e das convención clásicas, que denominou "abstracción lírica",[1] un movemento do que se converteu no seu máximo expoñente. No mesmo ano, expuxo tres obras no Salón das Novas Realidades, en París.[2]

O mesmo 1947 trasladouse a esa cidade, onde traballou encargándose das relacións públicas da liña Nova York-Le Havre da compañía United States Lines, o que lle permitiu tomar contacto con clientes de prestixio, entre eles Salvador Dalí. Nesta compañía tamén foi redactor xefe da revista United States Lines Paris Revue entre 1953 e 1963.[1][2][4]

Mathieu fundou o grupo L’Imaginaire e promoveu a abstracción lírica, coa realización de varias exposicións de gran relevancia, como a que en 1948 lle achegou ao público francés a abstracción americana de Jackson Pollock e de Alton Tobey.[4] En 1950 creou as súas primeiras pinturas tachistas e comezou a titular as súas obras con motivos inspirados na historia de Francia. O ano seguinte, realizou unha viaxe formativa a Positano, Italia, onde explorou as conexións entre a teoría da Gestalt e a abstracción lírica.[1][2] En 1952 pintou os seus primeiros cadros de gran formato.[4]

Logotipo de Antenne 2, deseñado por Mathieu en 1975.

A partir de 1957 realizou diversas viaxes ao Xapón, aos Estados Unidos, Brasil, Arxentina, o Líbano e Israel. En 1959, comezaron as retrospectivas da súa obra; en museos de Colonia, Basilea, Neuchâtel, Xenebra e outras cidades europeas;[2] na celebrada en 1978 no Grand Palais, destacaron sete cadros de seis metros de ancho creados especificamente para a ocasión.[4] En total, foron máis de 150 as exposicións individuais celebradas en todo o mundo, ao longo da súa traxectoria artística.[2]

Ademais da súa dedicación á pintura, Mathieu cultivou tamén outras disciplinas artísticas, como a arquitectura, a artesanía, a moblaxe, os tapices, as artes decorativas e o deseño.[4] Entre outros, foi o autor do deseño do logotipo da canle de televisión francesa Antenne 2 en 1975, que estivo vixente ata 1983. En 1967 deseñou tamén unha serie de carteis para a compañía aérea Air France,[5] para a promoción de diferentes destinos turísticos.[2][6]

10 francos (1978), deseñados por Mathieu.

Un dos traballos que lle proporcionou máis celebridade ante o gran público foi o seu deseño da moeda de 10 francos cuñada pola Monnaie de Paris entre 1974 e 1987,[2] que foi moi habitual nos petos dos francesas, o que fixo que fose coñecida como "10 francos mathieu". No campo do anverso pódese apreciar a súa sinatura, á esquerda do mapa de Francia.[7] Ademais desta moeda, Mathieu é autor de diversas medallas conmemorativas.[6]

Dous deseños de Mathieu serviron como motivo central de catro selos de correos. Dous deles son os emitidos para Francia, un co gallo da exposición Arphila 75 (1974) e o outro dedicado a Charles de Gaulle (1980);[6] un terceiro para as Terras Austrais e Antárticas Francesas (1982) e, finalmente, outro para a oficina de Xenebra das Nacións Unidas (1987).[6]

Ademais da súa actividade artística como creador, foi un promotor de cursos obrigatorios de arte nos centros educativos. De feito, en 1976 foi administrador da Sociedade para o Fomento das Artes e os Oficios, e membro da Comisión para a Reforma da Educación Artística, do Ministerio de Educación francés,[1][2] e en 1980 presentou, xunto con Pierre Dehaye, un proxecto para reformar a educación cultural en Francia, aínda que non chegou a levarse á práctica por mor da falta de financiamento.[4]

Placa dedicada a Georges Methieu na súa cidade de nacemento.

En recoñecemento á súa traxectoria artística, Mathieu foi recoñecido como Cabaleiro da Lexión de Honra, como Comendador das Artes e das Letras,[1] e como Oficial da Orde da Coroa, de Bélxica (1982). Tamén foi elixido, o 7 de maio de 1975, membro da Academia de Belas Artes de París,[2] na que ocupou o posto sete da sección de pintura.[4]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Georges Mathieu estivo casado con Adélaïde de Boisserée.[3]

O 10 de xuño de 2012 finou en Boulogne-Billancourt aos 91 anos,[1] e foi soterrado no cemiterio de Montmartre.[3][8]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma das publicacións realizadas por Georges Mathieu ao longo da súa traxectoria.[9]

  • 1959: De l’abstrait au possible. Cercle d’Art Contemporain.
  • 1963: Au-delà du Tachisme. René Julliard, París.
  • 1967: Le Privilège d’être. Robert Morel, París.
  • 1973: De la révolte à la renaissance. Gallimard, París. ISBN 978-2070352791
  • 1975: La Réponse de l’Abstraction lyrique. La Table Ronde, París. ISBN 978-2710316145
  • 1976: Notice sur la vie et les travaux d’Alfred Giess. Institut de France, París.
  • 1984: L’Abstraction prophétique. Gallimard, París. ISBN 978-2070354757.
  • 1997: Le Massacre de la sensibilité. Odilon Média, Paris. ISBN 978-2842130176
  • 1998: Désormais seul en face de Dieu. l’Age de l’Homme. ISBN 978-2825111444
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 "Georges Mathieu". Académie des beaux-arts (Academiedesbeauxarts.fr).
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 "Biographie". Georges-mathieu.fr
  3. 3,0 3,1 3,2 "Georges Mathieu". Findagrave.com
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 "Mathieu, Georges (1921-2012)". Ateneo de Madrid (Ateneodemadrid.com).
  5. "Carteles de Air France". Georges-mathieu.fr
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Prudhomme, J. (2013). "Georges Mathieu, un peintre hors du commun...". Revue. Club Philatélique Sénonais. Nº 71. Páxinas 4-7.
  7. "10 francs Mathieu". Numista.com
  8. "Mathieu Georges (1921-2012)". Cimetières de France et d'ailleurs (Landrucimetieres.fr).
  9. "Principaux écrits de Georges Mathieu". Georges-mathieu.fr

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]