Hrkovce
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Eslovaquia | |||
| Rexións | Nitra (pt) | |||
| Distritos | Levice (pt) | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 280 (2024) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 8,196557 km² | |||
| Altitude | 126 m | |||
| Creación | 1156 | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 936 01 | |||
| Fuso horario | ||||
| Prefixo telefónico | 036 | |||
| Sitio web | hrkovce.sk | |||
Hrkovce (Gyerk en húngaro) é un concello de Eslovaquia da rexión de Nitra no distrito de Levice. En 2001 tiña 339 habitantes, 196 húngaros e 140 eslovacos. O alcalde é Géza Nagy. Está situada a catro quilómetros ao noroeste da cidade de Šahy. Aínda que hai restos arqueolóxicos na zona a primeira mención á localidade data de 1156 nun diploma de Martirius, arcebispo de Esztergom no que se menciona o lugar de Gyrki. En 1245 aparece co nome de "Gerky" noutro documento. O nome probablemente proceda de görög (grego). Durante a ocupación otomá a aldea estivo sen habitar, restablecéndose no século XVIII. En 1715 tiña 34 casas e en 1720 eran 40 as familias que a habitaban. En 1828 tiña 483 residentes en 80 casasvivían na casas. En 1910 eran 567 os habitantes do lugar, predominantemente húngaros.
A igrexa católica que está dedicada a Santa Catarina data de 1770, reconstruída en 1809 en estilo neoclásico.
