In da Club
| "In da Club" | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| sinxelo de 50 Cent | |||||
| do álbum 'Get Rich or Die Tryin'' | |||||
| Lanzamento | novembro de 2002 | ||||
| Formato | {{{formato}}} | ||||
| Gravada | 2002 | ||||
| Xénero musical | hip hop | ||||
| Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
| Duración | 3:13 | ||||
| Discográfica | aftermath | ||||
| Produtor(es) | Dr. Dre, Mike Elizondo | ||||
| Escritor(es) | 50 Cent, Dr. Dre, Mike Elizondo | ||||
| Cronoloxía | |||||
| |||||
| Miscelanea | {{{miscelanea}}} | ||||
"In da Club" é unha canción de hip hop do rapeiro 50 Cent do seu primeiro álbum comercial Get Richo or Die Tryin’. A canción foi producida por Dr. Dre coa coprodución de Mike Elizondo. 50 Cent, Dr. Dre, e Elizondo tamén escribiron a canción. A mesma foi lanzada a finais de 2002 como o principal single do álbum e foi ben recibido polos críticos musicais.
"In da Club" converteuse no primeiro single en alcanzar a primeira posición nas listas de 50 Cent e foi unha das cancións máis populares de 2003 despois de alcanzar a primeira posición en Estados Unidos e poñerse no Top 5 da maioría das listas europeas. Na cuadraxésima sexta edición dos Grammy, foi nomeada como mellor canción de rap e mellor canción de rapeiro solista.
Información
[editar | editar a fonte]Despois de que 50 Cent fose descuberto por Eminem en 2002, foi invitado a voar aos Ánxeles onde coñeceu a Dr. Dre.[1] 50 Cent gravou sete cancións en cinco días con Dr. Dre, sendo "In da Club" a primeira en ser gravada.
A produción fora dada orixinalmente ó grupo de hip hop D12, pero foi pasada a 50 Cent.[2] 50 Cent gravou a canción tendo presente unicamente o golpe de percusión. Como moito do contido de Get Richo r Die Tryin’ fora escuro, quixo escribir material que fora "completamente oposto". Chamou a canción unha "celebración da vida. Cada día é relevante debido a que é o aniversario de alguén"[3]
Controversia
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 2006, 50 Cent foi demandado por piratería polo antigo representante de 2 Live Crew, Joe Weinberger, que mantén os dereitos do catálogo do grupo. Este argumentou que 50 Cent plaxiou a letra de "It’s your Birthday" de Luther Campbell, cantante de 2 Live Crew, correspondente ó seu álbum de 1994 Still a Freak for Life. O xuízo foi desestimado polo xuíz federal Pal Huck, quen ditaminou que a frase é un "elemento da canción común, pouco orixinal e que non pode ter dereitos de autor"
Lista de temas
[editar | editar a fonte]CD single
[editar | editar a fonte]| # | Título |
|---|---|
| 1. | "In da Club" (clean) |
| 2. | "In da Club" (explicit) |
| 3. | "Wanksta" |
CD single (Australia)
[editar | editar a fonte]| # | Título |
|---|---|
| 1. | "In da Club" |
| 2. | "Wanksta" |
| 3. | "In da Club" (instrumental) |
| 4. | "In da Club" (canción multimedia) |
| 5. | "Wanksta" (canción multimedia) |
Posición nas listas
[editar | editar a fonte]| Lista | Máxima posición |
|---|---|
| Lista de sinxelos de Australia | 1 |
| Lista de sinxelos de Austria | 3 |
| Lista de sinxelos de Bélxica | 2 |
| Lista de sinxelos do Canadá | 1 |
| Lista de sinxelos de Francia | 16 |
| Lista de sinxelos de Alemaña | 1 |
| Lista de sinxelos de Grecia | 3 |
| Lista de sinxelos de Irlanda | 1 |
| Lista de sinxelos de Nova Zelandia | 1 |
| Lista de sinxelos de Noruega | 3 |
| Lista de sinxelos de UK Singles Chart | 3 |
| United World Chart | 1 |
| U.S. Billboard Hot 100 | 1 |
| U.S. Billboard Top 40 Tracks | 1 |
| U.S. Billboard Hot R&B/Hip-Hop Songs | 1 |
| U.S. Billboard Hot Rap Tracks | 1 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Touré (3 de abril, 2003). The Life of a Hunted Man Arquivado 05 de maio de 2009 en Wayback Machine.. Rolling Stone.
- ↑ "All Eyes on 50 Cent: The Sequel" (2005). Especial de televisión de MTV.
- ↑ Kondo, Toshitaka (26 de setembro, 2007). 50 Cent on the Record Arquivado 29 de marzo de 2008 en Wayback Machine.. Rhapsody.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]