Third floor, Emaar Capital Tower 2, Mehrauli - Gurgaon Road, Gurugram, Haryana – 122002 Level 1, Tower C, Global Business Park, Mehrauli-Gurgaon Road, Gurgaon – 122 002, Haryana, India.
IndiGo é unha aeroliña de baixo custo india con sede en Gurgaon, no estado de Haryana. É a aeroliña máis grande do país en número de pasaxeiros transportados e tamaño de frota, co 40,9% do mercado doméstico en maio de 2018.[1] Tamén é a aeroliña low-cost individual máis grande de Asia en termos de frota de reactores e pasaxeiros, e a sétima aeroliña máis grande do continente cuns 46 millóns de pasaxeiros transportados en 2017. A compañía voa a 51 destinos, tanto domésticos como internacionais. Ten o seu centro de conexións principal no aeroporto Indira Gandhi de Delhi.[2]
A aeroliña fundouse en 2006 como unha compañía privada por Rahul Bhatia, de InterGlobe Enterprises, e Rakesh Gangwal, un expatriado indio baseado nos Estados Unidos. Recibiu o seu primeiro avión en xullo dese anos e comezou a operar un mes despois. A aeroliña converteuse na maior do país no ano 2012 e volveuse pública en novembro de 2015.[3]