Infinity Ward é unha compañía de videoxogos norteamericana fundada en 2002 por 22 antigos empregados de 2015, Inc.. En outubro de 2003 foi contratada por Activision, que lle encargou a programación de varias entregas de Call of Duty.
A primeira creación do estudo empregou o motor Id Tech 3, mentres que Call of Duty 2 empregou unha versión modificada do mesmo motor, que agora soportaba DirectX 9. Para Modern Warfare usaron un motor propio, non aplicado en previos videoxogos[6]. O mesmo motor foi empregado por Activision noutros xogos da compañía, coma Call of Duty: World at War e Quatum of Solace[7][8]. Para Modern Warfare 2 optaron por unha versión máis avanzada do motor de Modern Warfare, denominada IW 4.0.
En marzo de 2010, Activision despediu a dous dos empregados de maior rango de Infinity Ward. Activision alegou que a decisión se debía a que ambos os dous mantiñan en segredo conversacións con Electronic Arts[9]. Pola súa banda, os despedidos reclaman que Activision non cumpriu cunha serie de pagamentos derivados das vendas de Modern Warfare 2. Reclaman ademais os dereitos da franquía Modern Warfare [6]. Días despois, Activision afirmou que Infinity Ward seguirá sendo un dos piares da programación de Call of Duty [10].