Judith Chapman
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Judith Shepard 15 de novembro de 1951 Greenville, Estados Unidos de América |
| Actividade | |
| Ocupación | actriz de teatro, actriz, actriz de televisión, actriz de cinema |
| Período de actividade | 1967 |
| Familia | |
| Irmáns | Patty Shepard |
Judith Chapman, nada Judith Shepard o 15 de novembro de 1951 en Greenville, é unha actriz estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Chapman, filla do xeneral da Forza Aérea dos Estados Unidos de América Leland Shepard, é coñecida por actuar desde mediados da década de 1970 en varios seriais estadounidense, o seu primeiro papel foi o de "Natalie Bannon Hughes" en As the World Turns entre 1975 e 1978. Outras interpretacións foron a de Charlotte Greer en Ryan's Hope (1983), Ginny Blake Webber en General Hospital (1984-1986), Sandra Montaigne en One Life to Live (1987), Anjelica Deveraux Curtis en Days of our Lives (1989-1990, 1991) e desde 2005 interpreta a Gloria Abbott Bardwell en The Young and the Restless. Tamén traballou no cine, como en The Sweetest Thing (2002).