Músculo flexor común superficial dos dedos da man
Aparencia
| Músculo flexor común superficial dos dedos da man | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| m. flexor digitorum superficialis | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Parte de
| |||||||
|
Conéctase con
| |||||||
|
Inervado por
| |||||||
|
Músculo antagonista
| |||||||
|
Acción muscular
| |||||||
|
Orixe do músculo
| |||||||
|
Inserción do músculo
| |||||||
| Identificadores | |||||||
| |||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
O músculo flexor común superficial dos dedos da man é un músculo do membro superior humano situado na rexión anterior do antebrazo. Está situado nun plano intermedio.
Orixe e insercións
[editar | editar a fonte]Este músculo posúe dúas grandes porcións:
- Unha porción umerocubital, que se orixina no epicóndilo medial do úmero e na zona próxima do bordo medial da apófise coracoide do cúbito.
- Unha porción radial, que se orixina na liña oblicua anterior do radio.
Entre ambas as porcións discorren o nervio mediano e a arteria cubital. Na zona próxima ao pulso divídese en catro tendóns, que pasan polo túnel do carpo e se dirixen aos dedos segundo a quinto. Os tendóns para o II e V dedo van por debaixo do III e IV. Preto das falanxes, cada tendón se divide en dous, que se insiren en ambos os bordos da falanxe media.
Función
[editar | editar a fonte]É un flexor da articulación metacarpofalánxica, interfalánxica proximal de cada dedo e da articulación do pulso.
Innervación
[editar | editar a fonte]É innervado polo nervio mediano.