Marcel Gotlib
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (fr) Marcel Gottlieb 14 de xullo de 1934 14º distrito de París (Francia) |
| Morte | 4 de decembro de 2016 Le Vésinet (Francia) |
| Lugar de sepultura | Le Vésinet |
| Outros nomes | Gotlib |
| Educación | École Duperré (pt) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Caricatura e banda deseñada |
| Ocupación | artista de banda deseñada, caricaturista, guionista, debuxante |
| Período de actividade | 1962 |
| Empregador | Pif Gadget Rock & Folk (en) Fluide Glacial L'Écho des savanes Pilote |
| Compañeiro profesional | René Goscinny |
| Familia | |
| Fillos | Ariane Gotlieb |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Obálky knih |
Marcel Gotlib, ou simplemente Gotlib, pseudónimo do historietista francés Marcel Gotlieb, nado en París en 1934.
Gotlib é fillo de emigrantes xudeus húngaros. Pasou parte da súa infancia nun orfanato e comezou a debuxar na adolescencia. Estudou debuxo publicitario na escola de Artes e Oficios da capital francesa, e en 1959 publicou os seus primeiros traballos como ilustrador. Traballou nas revistas Record e Pilote, e foi cofundador de L'Écho des Savanes (con Nikita Mandryka e Claire Bretécher) e da importante Fluide Glacial. En 1991 recibiu o gran premio do Festival de Banda Deseñada de Angoulême. É un dos historietistas europeos de maior renome. O seu personaxe máis coñecido é Gai-Luron, e tamén son célebres as súas historietas curtas, agrupadas na serie Rubrique-à-Brac.
Gotlib fai un cómic provocador, de carácter humorístico, cun debuxo detallista que descompón e amplifica os movementos dos protagonistas (o que deu en chamarse "debuxo excesivo").
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial de Marcel Gotlib (en francés)
