O teatro estivo situado antes noutra área da cidade, nun edificio deseñado por J. Cleveland Cady. Foi destruído por un incendio o 27 de agosto de 1892. Logo de ser renovado, seguiu funcionando alí ata 1966, cando se mudou á localización actual no Lincoln Center. O edificio orixinal foi demolido en 1967.
O actual teatro de ópera do Metropolitan foi deseñado polo arquitecto Wallace K. Harrison. Foi inaugurado o 16 de setembro de 1966, coa estrea da ópera Anthony and Cleopatra de Samuel Barber. No recibidor exhíbense dous inmensos murais creados especialmente para o espazo por Marc Chagall. A capacidade do edificio é de case catro mil persoas. O teatro ten a tecnoloxía necesaria para substituír diariamente o escenario da ópera que se representa, utilizando un complexo sistema de escenarios, tremoias e cicloramas. Esta calidade permite que no Metropolitan haxa funcións case todos os días do ano.
Teatro coa capacidade completa o 28 de novembro de 1937.
O Met ofrece un servizo de transmisión radiofónica en directo. A primeira transmisión realizouse o 25 de decembro de 1931, cunha produción da ópera Hänsel und Gretel de Engelbert Humperdinck.