Miranda Kerr
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 20 de abril de 1983 (42 anos) Sidney, |
| Educación | All Hallows' School (en) |
| Altura | 175 cm |
| Peso | 57 kg |
| Cor dos ollos | Azul |
| Cor do pelo | Cabelo castaño |
| Actividade | |
| Ocupación | Modelo |
| Período de actividade | 1997 |
| Representante | IMG Models |
| Familia | |
| Cónxuxe | Orlando Bloom (2010-2013)[1]
Evan Spiegel (2017-presente) |
| Fillos | 2 |
| Sitio web | mirandakerr.com |
Miranda May Kerr, nada en Sidney o 20 de abril de 1983[2] é unha modelo australiana. Kerr acadou a fama en 2007 ó converterse nun dos anxos de Victoria's Secret e foino ata 2012. Foi a primeira australiana en participar en campañas de Victoria's Secret e en representar a tenda de David Jones. Ademais, Kerr lanzou a súa propia gama de produtos orgánicos de coidado da pel, KORA Organics, e publicou o seu propio libro de auto-axuda, Treasure Yourself.
Kerr comezou a modelar ós 13 anos, na axencia Chaay's Modelling.[3]
Casou co actor inglés Orlando Bloom no 2010. Tiveron un fillo en 2011 pero separáronse no 2013.
A modelo e o fundador de Snapchat, Evan Spiegel, casaron en maio de 2017. O seu primeiro fillo e o segundo de Kerr naceu en maio de 2018.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Maresca, Rachel. "Orlando Bloom speaks out on Miranda Kerr separation: ‘Life sometimes doesn't work out exactly as we plan’". Nova York: NY Daily News. Consultado o 14 de decembro de 2013.
- ↑ "Miranda Kerr". People.com. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2013. Consultado o 7 de nomvebro de 2013.
- ↑ Miranda Kerr Arquivado 08 de decembro de 2007 en Wayback Machine. OneThousandModels. Consultado o 26 de abril de 2008.
- ↑ "A modelo Miranda Kerr e o empresario Evan Spiegel esperan o seu primeiro fillo". La Opinión (A Coruña). 16 de novembro de 2017. Consultado o 11 de febreiro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)
- Miranda Kerr na IMDb (en inglés).