NetBSD
| NetBSD | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||||
|
Baseado en
| |||||||||
| Produción | |||||||||
|
Versións
8.0 versión estábel (17 de xullo de 2018)
7.2 versión estábel (3 de setembro de 2018) 7.1.2 versión estábel (15 de marzo de 2018) 8.2 versión estábel (2 de abril de 2020) 8.1 versión estábel (5 de xuño de 2019) 9.0 versión estábel (15 de febreiro de 2020) 9.4 versión estábel (23 de abril de 2024) 7.1 versión estábel (11 de marzo de 2017) 7.1.1 versión estábel (28 de decembro de 2017) 7.0 versión estábel (8 de outubro de 2015) 10.0 versión estábel (28 de marzo de 2024) 10.1 versión estábel (18 de decembro de 2024) 7.0.1 versión estábel (22 de maio de 2016) 9.3 versión estábel (4 de agosto de 2022) 9.1 versión estábel (18 de outubro de 2020) 9.2 versión estábel (12 de maio de 2021) 10.0 BETA versión beta (20 de decembro de 2022) 9.99.1 versión alfa (30 de xullo de 2019) 10.0 RC4 release candidate version (en) 10.0 RC3 release candidate version (en) 10.0 RC2 release candidate version (en) 10.0 RC5 release candidate version (en) 10.0 RC1 release candidate version (en) 8.3 legacy version (en) 6.1.5 (6 de outubro de 2014) 5.2.3 (19 de novembro de 2014) 5.1.5 (19 de novembro de 2014) | |||||||||
|
Licenza
| |||||||||
| Características | |||||||||
|
Biblioteca de IU
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
NetBSD é un sistema operativo tipo Unix, libre (baixo a licenza BSD), seguro e dispoñíbel para multitude de plataformas, actualmente na versión 3.0. O seu bo deseño e as súas características avanzadas fano ideal para multitude de aplicacións. NetBSD xurdiu como resultado do esforzo dun gran número de persoas que teñen como meta producir un sistema operativo tipo Unix accesíbel e libremente distribuíbel.
NetBSD baséase nunha gran variedade de software libre que inclúe entre outros, a 4.4BSD Lite da Universidade de California-Berkeley, a Net/2 (Berkeley Networking Release 2) o sistema de ventás X do MIT e software GNU.

Actualmente NetBSD céntrase en ofrecer un sistema operativo estábel, multiplataforma e orientado á investigación. Está deseñado tendo como prioridade escribir código de calidade ben organizado, e tendo moi en conta tamén o cumprimento de padróns ou estándares (POSIX, X/Open e outros máis relevantes): proba deste bo deseño é a súa ampla portabilidade, actualmente a 56 plataformas.
Trátase dun sistema operativo maduro, produto de anos de desenvolvemento (as orixes de BSD están sobre o ano 1977), e partindo do sistema UNIX sexta edición.
Algunhas vantaxes sobre outros sistemas operativos:
- A mellor calidade de código (portado a 56 arquitecturas).
- A miúdo é pioneiro en aplicar novas tecnoloxías (por exemplo IPv6).
- Alta seguridade e estabilidade: foi usado na NASA.
- Sistema de ficheiros BSD FFS (Fast File System), rápido e fiábel.
- Seguridade: soporte de IPsec.
- XEN: soporte nativo de máquina virtual XEN en versión 3.0.