Saltar ao contido

Nubes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nubes
Imaxe
 Título
Νεφέλαι Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Forma artística
 Xénero
 Lingua
Autoría
 Autor/a
Publicación
 Edicións
(1912) The Clouds (en) Traducir en lingua inglesa The Athenian Society (en) Traducir
(1897) Les Nuées (en) Traducir en lingua francesa
(1861) The Clouds (en) Traducir en lingua alemá
(1853) The Clouds (en) Traducir en lingua inglesa traducido por William James Hickie (en) Traducir
(1798) Die Wolken (en) Traducir en lingua alemá
(1545) The Clouds (en) Traducir en lingua italiana Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de estrea
423 a. C. Editar o valor en Wikidata
Identificadores
VIAF183837514 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/014p6t Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
BNE: XX1867428
Wikidata C:Commons
Clásicos en Galego 7. Aristófanes: Nubes e Asemblearias.

Nubes (en grego clásico, Νεφέλαι) é unha comedia temperá dentro da obra do autor ateniense Aristófanes. Nela faise unha forte crítica dos sofistas e as súas ensinanzas, e non faltan os temas e personaxes de moda da Atenas de finais do século -V. A obra tamén é destacábel por ser a referencia histórica máis antiga sobre a figura de Sócrates.

Representación

[editar | editar a fonte]

As nubes foi presentada por primeira vez o ano -423, pero Aristófanes non logrou gañar o primeiro premio, sacando o terceiro nas Dionisias. Aristófanes xamais se resignou a perder. Polo mesmo, reescribiu entre os anos -420 e -417 o texto da súa obra e esa é a versión que se conserva na actualidade[1]. Isto sabémose porque na mesma comedia o coro exhorta aos espectadores reprochándolles que perdera. Aristófanes considerábaa a súa obra máis fina de entre as súas comedias. N'As nubes aparece a primeira referencia histórica sobre Sócrates, que é presentado como un sofista.

Argumento da obra

[editar | editar a fonte]

A obra trata dun pai, Estrepsíades (Στρεψιάδης), e o seu fillo Fidípides (Φειδιππίδης). Fidípides é un mozo fanático da hípica e os cabalos, cuxa diversión lle sae bastante cara ao seu pai, que contraeu unha serie de débedas polo seu amor aos cabalos.

O seu pai vai directo á ruína e non ten interese en lles pagar aos acredores e para iso idea un plan que o sacará de problemas: Mandará ao seu fillo a estudar ao matinadoiro (φροντιστήριον, palabra inventada por Aristófanes), tamén traducido como Pensatorio, de Sócrates, que é unha especie de escola onde ensinan, por diñeiro ou cousas de valor, os sofistas Sócrates e o seu amigo Querefonte (Χαιρεφῶν) as diversas disciplinas sofísticas e especialmente o argumento xusto e o argumento inxusto que o sacarán de todas as débedas ao poder gañar os xuízos na súa contra. Fidípides négase a ir e termina indo Estrepsíades, que cando se atopa cos discípulos de Sócrates e Querefonte pregunta o que fan e mantén despois un diálogo cun deles, durante o cal é presentado a Sócrates que é chamado "el mesmo" (αὐτός) que está a colgar dun cesto observando o ceo.

Tras ese episodio cómico Sócrates fálalle do ceo e demóstralle que Zeus non existe e que as nubes tamén son deusas e moi importantes, e quen xunta as nubes non é Zeus senón o "Bulebule" (Δῖνος). Despois comeza un diálogo onde proba a Estrepsíades ata que aparecen as Nubes. Logo comeza un diálogo entre as Nubes e Estrepsíades e máis tarde reaparece Sócrates que lle ensina novas cousas, pero Estrepsíades é un home vello e ademais rústico, así que esquece todo o que aprende.

As Nubes dinlle que vaia buscar o seu fillo por ser máis novo e guapo, así Estrepsíades convénceo para que aprenda os dous argumentos nun diálogo onde o fillo sostén opinións antigas e o pai as opinións novas. Despois Sócrates dille que este será ensinado por ambos os argumentos, e gaña o argumento inxusto. Así Fidípides aprende o argumento inxusto e o seu pai lévao a casa. Logo chegan os prestamistas e Estrepsíades non lles teme e di que non lle pagará confiando no seu fillo que gañará grazas ao argumento inxusto. Logo o seu fillo, que foi corrompido, sae perseguindo ao pai para lle pegar. Ao final Estrepsíades xunto ao seu escravo toma vinganza de Sócrates e obrígao a fuxir do Matinadoiro por ter incendiado o local.

A visión de Sócrates e os sofistas

[editar | editar a fonte]

Aristófanes como ateniense conservador vía na sofística un perigo, xa que segundo a opinión corrompía á mocidade. Así, este situou a Sócrates dentro dos sofistas como un dos representantes e facendo converxer nel non só o socratismo (Aristófanes na obra fala da aporía e unha serie de referencias máis sobre o venerábel filósofo ateniense), senón tamén todas as artes sofísticas (retórica, astronomía, música, etc). Así preséntanos un Sócrates moi distinto do ancián xusto e sabio da Apoloxía de Platón e da de Xenofonte, e moi afastado da crítica aos sofistas doutros diálogos platónicos como Protágoras, ou das Memorables de Xenofonte. Aínda que na historia da filosofía e a tradición sempre rexeitaron a imaxe do Sócrates de Aristófanes, na actualidade esa imaxe do astronomosofista aínda que non é aceptada totalmente, recoñécese que hai algo de certo.[cita requirida] No banquete de Platón atópanse Sócrates e Aristófanes, onde non teñen problemas para relacionarse o un co outro, e así transcorren sen conflito. A obra cumpre o seu propósito de mostrar como a mocidade é corrompida polos sofistas, aínda que a vítima foi Sócrates, que foi ridiculizado polo comediógrafo e a súa imaxe deformada para parecer un sofista común para a súa época.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Pablo Cavallero et al, Aristófanes. Nubes (Edición Bilingüe). Facultade de Filosofía e Letras, Universidade de Buenos Aires, 2007.
  • Óscar Velásquez. Aristófanes: Nubes. Editorial Universitaria, Santiago de Chile, 2005.
  • Luis M. Macía Aparicio, Aristófanes. Comedias, I, II y III. Ediciones Clásicas. Madrid.
  • VV. AA. (1993). Howatson, M. C., ed. Dictionnaire de l'Antiquité (en francés). París: Robert Laffont. ISBN 2221068009. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Texto español no sitio da Biblioteca de Clásicos Grecolatinos.

  • Texto español en Scribd.
  • Texto inglés, con índice electrónico, no Proxecto Perseus. Na parte superior dereita atópanse os rótulos activos "focus" (para cambiar ao texto grego) e "load" (para o texto bilingüe).
  • Texto bilingüe grego - francés no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011)
    • Fragmento: O xusto e o inxusto (961 - 1023); texto bilingüe alterno grego - francés no mesmo sitio.

Thomas R. Martin: An Overview of Classical Greek History from Mycenae to Alexander (Panorama da historia da Grecia Antiga desde a época micénica até a de Alexandre); texto inglés, con índice electrónico, no Proxecto Perseus.

  • Aristophanes on Socrates (Aristófanes sobre Sócrates).