OpenCola
| OpenCola | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
|
Subclase de
| |||||||
|
Composto por
| |||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
|
Distribuidor/a
| |||||||
|
Autor/a
| |||||||
| Produción | |||||||
|
Licenza
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||

OpenCola é unha bebida de cola na que as instrucións para realizala están dispoñíbeis de balde e con acceso libre e poden ser modificadas. Calquera pode facer a bebida, modificar e mellorar a receita sempre que, ademais, rexistren as súas propias receitas baixo a Licenza de documentación libre de GNU.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Aínda que orixinalmente foi lanzada como unha ferramenta promocional para explicar o software de código aberto, as vendas da bebida continuaron medrando e chegaron a superar as 150.000 latas vendidas. A compañía OpenCola, con sede en Toronto, deuse a coñecer máis pola bebida que polo software que pretendía promover. Laird Brown, o responsábel da estratexia da compañía, atribúe o seu éxito á desconfianza que se estendeu ante as grandes empresas e "patentadores de case todo". A estratexia en 2010 de mercadotecnia deu un xiro e xa non promoven o refresco na súa páxina web.