Saltar ao contido

Perry Bamonte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPerry Bamonte

(2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de setembro de 1960 Editar o valor en Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte24 de decembro de 2025 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
West of England, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista, teclista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1984 Editar o valor en Wikidata - 2025 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNew wave, punk rock e rock gótico Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra, teclado, sintetizador, piano, baixo e Marimba Editar o valor en Wikidata

Sitio webthecure.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1017578 Allmovie: p301685
Musicbrainz: 6202014c-9c05-45a4-a23f-21d27abcb0df Discogs: 423495 Allmusic: mn0000315335 Editar o valor en Wikidata

Perry Archangelo Bamonte, nado o 3 de setembro de 1960 e finado o 24 de decembro de 2025,[1] foi un músico anglo-italiano coñecido polo seu traballo coa banda The Cure.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Bamonte uniuse a The Cure no ano 1990, substituíndo a Roger O'Donnell nos teclados. Máis tarde asumiría o papel de guitarrista, compartido con Robert Smith, despois da saída de Porl Thompson en 1993. Bamonte axudou a producir os álbums Wish, Wild Mood Swings, Bloodflowers e The Cure. Perry foi acreditado por escribir a música dos temas "Trust" do Wish, "This Is a Lie" do Wild Mood Swings e "Anniversary" do The Cure. Tamén aparece nos álbums ao vivo Paris e Show e no vídeo Trilogy. O seu irmán máis novo, Daryl Bamonte, tamén traballou en The Cure como director de xira, labor que tamén realizou con Depeche Mode.

No ano 2005 os dous irmáns foron inesperadamente despedidos da banda xunto con Roger O'Donnell. Perry foi rapidamente substituído por Porl Thompson. Na súa primeira intervención dende entón, Bamonte afirmou descoñecer as razóns do seu despedimento.


  1. "Perry Bamonte, Guitarist and Keyboardist in the Cure, Dies at 65". The New York Times. Consultado o 27 de decembro de 2025.