Posadas
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Arxentina | |||
| Provincia da Arxentina | Misiones | |||
| Departamento da Arxentina | Capital (departamento de Misiones) (pt) | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 275.988 (2010) | |||
| Xeografía | ||||
| Parte de | ||||
| Superficie | 965 km² | |||
| Bañado por | Río Paraná | |||
| Altitude | 120 m | |||
| Creación | 1870 | |||
| Organización política | ||||
| Órgano executivo | Cabinet of Posadas (en) | |||
| Órgano lexislativo | Deliberative Council of Posadas (en) | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | N3300 | |||
| Fuso horario | ||||
| Prefixo telefónico | 376 | |||
| Outro | ||||
| Irmandado con | ||||
| Sitio web | posadas.gob.ar | |||
Posadas é unha cidade da Arxentina, capital da provincia de Misiones e cabeceira do departamento Capital. Atópase na beira esquerda do río Paraná, ao suroeste da provincia e no noroeste do departamento Capital.[1]
É a cidade máis poboada de Misiones e o seu centro administrativo, comercial e cultural. No seu albor forxouse arredor do porto sobre o río Paraná, e o seu crecemento tardou en concretarse por ser unha das últimas zonas do territorio arxentino en poboarse. Actualmente é unha das cidades con máis actividade e crecimiento de toda a rexión NEA. A súa influencia esténdese até a veciña cidade de Garupá, coa que conforma o Gran Posadas. A ponte San Roque González de Santa Cruz, tendida sobre o río Paraná únea coa cidade de Encarnación, na República de Paraguai.[2][3]
O municipio de Posadas é o órgano administrativo encargado de rexer a cidade e zonas próximas. Ocupa a parte urbana da cidade máis unha zona rural situada ao sur e oeste da mesma, chegando até o límite coa provincia de Corrientes. Algunhas paraxes da zona rural (como o Centro Correntino, Itaembé Miní e Colonia Laosiana) foron absorbidas pola urbe no transcurso da década pasada.[4]
Está localizada sobre a Ruta Nacional 12 e a Provincial 213. A cidade atópase a 98 km da cidade de Oberá, segunda cidade da provincia, a 310 km de Puerto Iguazú, a 350 km de Asunción, capital de Paraguai e a 1003 km da cidade de Buenos Aires (o acceso é directo con varias frecuencias diarias de coches).[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Posadas, nuestra ciudad". Gobierno de la Provincia de Misiones. Arquivado dende o orixinal o 10/11/2013. Consultado o 2021-11-01.
- ↑ Barreyro, Julio G. (1979). Breve historia de Misiones (en castelán). Plus Ultra.
- ↑ "La ciudad de Garupá celebra sus 78 años de vida". Municipios de Argentina. Arquivado dende o orixinal o 01/11/2021. Consultado o 2021-11-01.
- ↑ "Posadas, la ciudad que más se expandió en los últimos 30 años – Economis". Economis (en castelán). Consultado o 2021-11-01.
- ↑ Paiva, Hernán Ramón (2015). "Ciudad, movilidad espacial y sectores populares: una aproximación al Sistema Integrado de Transporte Metropolitano del Gran Posadas, Misiones, Argentina". Transporte y Territorio (13): 149–169. ISSN 1852-7175.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Posadas |
