Privilege Style
Aparencia
| Privilege Style | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
Privilege Style é unha aeroliña chárter española coa súa sede en Palma de Mallorca e baseada no aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas. O seu presidente é o trivés Chema Álvarez e o nome dalgúns dos seus avións fan referencia á súa procedencia. O seu avión máis recente, un Boeing 777-200ER, foi bautizado como "Auria", o seu Boeing 767-300ER recibiu o nome de Eduardo Barreiros, homenaxeando ao empresario ourensán, e un dos Boeing 757-200 chámase "Milagros Díaz", igual que a nai do presidente[1][2]
Privilege Style opera voos chárter no nome doutras aeroliñas, turoperadores, equipos deportivos ou clientes VIP.
Frota
[editar | editar a fonte]
En abril de 2018 a frota de Privilege Style estaba formada polos seguintes avións:[3]
| Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||
|---|---|---|---|---|---|---|
| C | Y | Total | ||||
| Boeing 737-800 | — | 1[4] | — | — | — | |
| Boeing 757-200 | 2 | — | — | 200 | 200 | O EC-HDS chamado "Milagros Díaz", na honra da nai de Chema Álvarez |
| Boeing 767-300ER | 1 | — | 18 | 225 | 243 | Bautizado como "Eduardo Barreiros" |
| Boeing 777-200ER | 1 | — | 28 | 271 | 299 | Bautizado como "Auria" |
| Total | 4 | 1 | ||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Galicia Press (ed.). "Privilege Style, del ourensano Chema Alvarez, bautiza su Boeing 777, con el nombre de "Auria"". Consultado o 15 de maio de 2018.
- ↑ CRTVG (ed.). "O empresario aéreo galego Chema Álvarez ponlle o nome de Eduardo Barreiros ao novo avión da compañía". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2018. Consultado o 15 de maio de 2018.
- ↑ Planespotters (ed.). "Privilege Style Fleet Details and History". Consultado o 15 de maio de 2018.
- ↑ ch-aviation (ed.). "Spain's Privilege Style to add maiden B737 in 4Q19". Consultado o 15 de maio de 2018.