Saltar ao contido

Proxecto GNU

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Proxecto GNU
 Subclase de
 Epónimo
 Parte de
 Forma xurídica
 Movemento
 Coincidente
 Composto por
Persoas e organizacións
 Fundador/a
 Mascota
 Afiliación
 Patrocinador/a
Actividade
 Industria
 Produto
Datas e cronoloxía
 Fundación
27 de setembro de 1983 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

O proxecto GNU é un proxecto informático que ten por finalidade a de desenvolver un sistema operativo completo baseado en UNIX utilizando unicamente software libre. Dito sistema operativo é GNU, e é o que lle dá nome ao proxecto.

O 27 de setembro de 1983 Richard Stallman anunciou publicamente o nacemento do proxecto no grupo de noticias net.unix-wizards. Ao anuncio orixinal seguírono outros ensaios escritos por Stallman, coma o Manifesto GNU, que estableceron as súas motivacións para iniciar o proxecto, entre as que destaca «retornar o espírito de cooperación que prevaleceu nos tempos iniciais da comunidade de usuarios de computadoras».

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Para defender legalmente o software do seu sistema operativo, Stallman escribiu para o proxecto GNU unha licenza que asegurase que se recoñecerían non só os dereitos que debe fornecer ao usuario o software libre, senón tamén certas obrigas para asegurar que quen desenvolvese (cambiando ou mellorando) software libre baixo esta licenza tamén utilizase a mesma licenza para o resultado do seu traballo. Dita licenza chamouse GPL.

A continuación, Stallman comezou o desenvolvemento dun compilador de C, GNU C Compiler. Este compilador foi fundamental no desenvolvemento do software libre, posto que unha porcentaxe moi alta deste software está escrito en C.

O proxecto tamén comezou a desenvolver un kernel para o sistema GNU, GNU Hurd, pero na actualidade este kernel aínda non é funcional.

O proxecto seguiu e segue desenvolvendo aplicacións libres para o sistema operativo GNU.

Aplicacións desenvolvidas polo proxecto

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]