Saltar ao contido

ReBoot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

ReBoot
 Instancia de
 Lingua orixinal
 Cor
Autoría
 Director/a
 Compositor/a
 Actores de dobraxe
Temática
 Personaxes
Publicación
 Distribuidor/a
 Emisora orixinal
YTV (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Formato de distribución
Datas
 Data de comezo
10 de setembro de 1994 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
30 de novembro de 2001 Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Número de episodios47 Editar o valor en Wikidata
Número de tempadas4 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
Freebase/m/01k3bp Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
IMDB: tt0108903 Filmaffinity: 771471 Allocine: 6130 Rottentomatoes: tv/reboot TV.com: shows/reboot Editar o valor en Wikidata
Wikidata

ReBoot é unha serie de animación canadense producida pola compañía Mainframe Entertainment, emitida inicialmente entre os anos 1994 e 2001. En Galicia transmitiuna a TVG a finais da década de 1990.

Foi a primeira serie completamente animada por ordenador[1]. Na década de 1980 xurdiu a idea da serie, mais a tecnoloxía aínda non estaba o suficientemente desenvolvida para levalo a cabo de xeito satisfactorio. As probas de animación en 3D empezaron en 1990, acadando unha aparencia detallada no 1991. Continuou a produción de máis episodios ata que houbo un número suficiente de capítulos, emitíndose por primeira vez en 1994. Ningunha outra compañía desenvolvera ata o momento un proxecto de animación en 3D desta escala e o software utilizado era daquela unha innovación.

A trama ten lugar no mundo interior dun sistema informático coñecido como Mainframe. Bob é o Gardián #452, responsable de manter a seguridade no sistema Mainframe, onde un virus chamado Megabyte anda a causar estragos. A moza Dot Matrix e seu irmán máis novo Enzo, que adoita meterse en sarillos, enfróntanse xunto con Dot ó malévolo Megabyte pero ás veces tamén se ven involucrados en xogos que inicia o usuario do sistema. Os xogos maniféstase como un cubo vermello caendo do "ceo", deben vencer a calquera prezo ou pola contra serán eliminados e producirase a destrución dun sector en Mainframe.

  1. Canal + estrena 'Reboot', el futuro de la animación por ordenador, en El País (16-4-1995). Comprobado o 31-1-2015, en castelán.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]