Saltar ao contido

Rotonda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rotonda
Imaxe
 Subclase de
 Parcialmente coincidente con
Identificadores
Freebase/m/0g4h7 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Unha rotonda[1] é unha construción viaria deseñada para facilitar o fluxo de tráfico nos cruzamentos entre dúas ou máis estradas e reducir o risco de accidentes.

Enténdese por rotonda un tipo de cruzamento caracterizado polo feito de que os tramos que nel conflúen comunícanse a través dun anel no que se establece unha circulación rotatoria nun só sentido ao redor dun illote central. Nelas xa non se cede a preferencia á dereita, como se facía previamente nas interseccións. Agora a preferencia recae nos vehículos que circulan polos carrís que conforman o anel, fronte aos que pretenden acceder a el polas vías de acceso.

A forma orixinal de uso vén dada pola utilización correcta dos carrís en función da saída desexada. Isto é, se a nosa intención é tomar a primeira ou segunda saída dunha rotonda en cruz, debemos acceder polo carril dereito a un dos carrís exteriores do anel e tomar unha desas saídas. Se a nosa intención é tomar outra saída máis aló, debemos acceder polo carril esquerdo a un dos carrís interiores do anel. En ambos os casos respectando sempre a preferencia de paso dos vehículos que circulaban xa polos carrís do anel xiratorio. En España, actualmente a norma non permite tomar unha saída dende os carrís interiores do anel.

Non son rotondas propiamente ditas as denominadas rotondas partidas nas que dous tramos, xeralmente opostos, conéctanse directamente a través do illote central, polo que o tráfico pasa dun a outro e non a rodea.

Na normativa española de estradas e de viario público, e tamén na literatura científica, a palabra rotonda non se utiliza en ningún caso. En troques úsase a palabra glorieta. Pola contra o Código de circulación, así como a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) nas súa publicacións, acostuma referirse a elas co termo "rotonda", o cal deixa bastante claro que non só hai confusión, e moi importante, sobre a forma correcta de uso das mesmas, senón que ademais tampouco se aclaran realmente sobre como denominalas.[2][3] O nome correcto sería rotonda, xa que glorietas eran as edificacións que se colocaban a primeiros do século xx no medio dunha rúa para xerar un xiro ao seu ao redor, non a vía en si mesma. As autoescolas, e os seus vídeos explicativos respecto diso, tamén empregan indistintamente rotonda e glorieta, quedando o primeiro termo reservado para definir a infraestrutura de planta circular. Na linguaxe coloquial si se adoita utilizar o termo rotonda como préstamo lingüístico do inglés roundabout.

Numerosos cruzamentos circulares existían antes da aparición das rotondas, incluída a praza de l'Etoile, Columbus Circle de Nova York e varios círculos en Washington D. C.. Con todo, o funcionamento e as características de entrada destes círculos diferían considerablemente das rotondas modernas. A primeira rotonda construíuse en Letchworth en 1909 —orixinalmente destinada como unha illa de tráfico para os peóns—.[4][5]

Con todo, o uso xeneralizado de rotondas modernas con regras de preferencia nas que os vehículos entrantes deben ceder o paso, comezou nos anos 1960 no Reino Unido, cando enxeñeiros como Frank Blackmore inventaron a miniglorieta para superar as súas limitacións de capacidade e en cuestións de seguridade.[6][7]

A súa implantación ocorreu concretamente en novembro de 1966 cando Blackmore, á cabeza do T.R.R.L (Transport and Road Research Laboratory), dedicouse a resolver un dos principais problemas que ocorrían nos cruzamentos de estrada: a conxestión destes e as colisións por cortes de traxectoria. Cando un vehículo chegaba a un cruzamento debía atravesar múltiples traxectorias doutros vehículos provenientes do resto de direccións e que confluían na intersección. Un condutor debía mirar a esquerda, dereita e cara adiante mentres o atravesaba.[8]

Tras anos de desenvolvemento e probas chegaron á conclusión de que a mellor solución era a incorporación dun xiro dentro da intersección, común para todos os vehículos que chegaran a ela desde todas as direccións. Así, desde ese momento, un condutor que alcanzase a intersección xa só debía fixarse nunha única dirección, aquela da que agora lle proviñan os vehículos circulando por dentro do anel da rotonda. Así mesmo, esa circulación rotatoria eliminaba os anteriormente mencionados cortes de traxectoria e facían que o cruzamento fose agora un punto da vía máis seguro e eficaz. Na maioría dos casos eliminábanse a necesidade de semáforos na intersección, xa que simplemente se requiría ceder o paso aos vehículos que circulasen polos carrís dentro do anel e ingresar nel tras o seu paso, facendo que o tráfico de vehículos fose moito máis fluído.

Aínda con todo isto en países como España sempre houbo unha gran confusión sobre o seu uso, con interpretacións e ensinanzas erróneas, mestura de termos e de formas de uso de tipos de vías que nada teñen que ver cunha intersección deste tipo, o cal levou a anos e anos nos que o volume de accidentes neste tipo de interseccións multiplicaba por dez á doutros países.[Cómpre referencia]

En 1998 xurdiron nos Países Baixos as denominadas turborrotondas ou turboglorietas para resolver algúns dos problemas de conxestión circulatoria en interseccións.[9] Estas son un tipo de rotonda que leva implementada en si mesma por medio das marcas viarias a forma correcta de utilización dunha rotonda normal por un condutor, é dicir a maneira de uso segundo foron ideadas. O tráfico interior ten prioridade sobre o que pretende acceder e é canalizado cara a distintas saídas de tal maneira que non é posible circunvalar a glorieta completa polo carril exterior. Isto fai que o uso do carril idóneo sexa necesariamente o correcto para acceder á saída desexada. Esta lóxica que se implementa nas turborrotondas elimina basicamente dúas manobras: a necesidade de cambiar de carril exterior para abandonalas e a de realizar un xiro máis aló da nosa segunda saída, reducindo os puntos de conflito. Ámbalas dúas manobras son en realidade as culpables da maioría dos accidentes que ocorren nas rotondas clásicas ao xerarse cortes de traxectorias na súa circulación interior.[10]

Seguridade

[editar | editar a fonte]

Unha rotonda consiste nunha praza, cunha vía circular ao redor e na que empalman varias vías. Nunha rotonda aplícanse dúas sinxelas regras:

  1. O sentido de xiro no anel ou vía circular en países onde conducen polo lado dereito é cara a esquerda ou antihorario.
  2. Teñen prioridade os vehículos que xa están circulando dentro da rotonda (prioridade á esquerda se a norma obriga a circular pola dereita e viceversa), ao revés dos cruces normais.
O deseño das rotondas holandesas está pensado para protexer aos ciclistas e darlles unha maior visibilidade.[11]

A rotonda obriga a controlar a velocidade dos vehículos que a atravesan, xa que o radio de xiro da mesma obrígalles a non superar certa velocidade (para non envorcar), e en tráfico baixo ou medio reduce os retardos para atravesala ao evitar as detencións nos semáforos.

Desvantaxes

[editar | editar a fonte]
Esquema dunha turborrotonda.

En vías de dous ou máis carrís, o sistema presenta complicacións polo cruzamento de vehículos ao incorporarse ou abandonar a rotonda debido á falta de pericia dalgúns condutores, especialmente cando o condutor non usa os intermitentes. Para evitar estes problemas e aumentar a capacidade da rotonda, nos Países Baixos desenvolveuse a turborrotonda.

En vías con tráfico denso ou moitas rotondas concatenadas, provoca cansazo na condución, xa que a incorporación e abandono da rotonda, xunto co cambio e vixilancia da velocidade, supón unha tensión adicional no condutor.

Capacidade e modelado

[editar | editar a fonte]

A capacidade da rotonda está limitada polo intervalo mínimo entre vehículos dentro da rotonda que cada condutor xulga suficiente para poder entrar nela. Este intervalo é moi variable segundo as persoas e os países. Un dos modelos de capacidade máis coñecidos é o elaborado polo Transportation Research Board (TRB) e a Federal Highway Administration (FHWA) para as rotondas de Estados Unidos, e que foi publicado no Highway Capacity Manual (HCM) Edition 6 e o TRB-FHWA Roundabout Informational Guide (NCHRP Report 672)..[12][13] O modelo da HCM Edition 6 está baseado na teoría de aceptación de intervalo (gap-acceptance). Código Señalizaciónal Unión Cefaliana

As rotondas e a arte

[editar | editar a fonte]

Varias rotondas ao redor do mundo funcionan tamén como soporte para expresións artísticas, como instalacións e esculturas. Algúns exemplos disto son:

  • Bend, Oregón (Estados Unidos); As esculturas nas rotondas en Bend foron honrados por "Americans for the Arts" como un dos 37 enfoques máis innovadores para Arte Pública no país norteamericano.[14] Seguindo o mapa da excursión pódese buscar 20 esculturas que sentan nas rotondas ao redor de Bend.[15]
  • Guadalaxara, Xalisco, México; A Glorieta Minerva é un dos monumentos máis representativos da cidade, e consta dunha rotonda situada no cruzamento das avenidas López Mateos, Agustín Yáñez, Vallarta, López Cotilla e Golfo de Cortés, cunha gran estatua da deusa Minerva nun pedestal flanqueado por 2 muros, todo iso situado ao centro dunha gran fonte circular.
  • Un inventario das rotondas en Francia, feito por Marc Lescuyer, enumerou 3.328 rotondas cunha decoración artística, a comezos de 2010.[18][19]
  • Intersección viaria
  • Paso de peóns
  • Paso de cebra
  • Sinal "Ceda o paso"
  • Sinal de "Alto"
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rotonda.
  2. revista.dgt.es
  3. revista.dgt.es
  4. BBC News. "Roundabout Magic". Consultado o 9 de maio de 2009. 
  5. Letchworth Garden City Heritage Foundation. "Sign of the Times". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2009. Consultado o 9 de maio de 2010. 
  6. "Revolución en las calles de Estados Unidos.". BBC. 
  7. "Frank Blackmore: traffic engineer and inventor of the mini-roundabout". The Times. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2010. Consultado o 9 de maio de 2010. 
  8. "Obituary: Frank Blackmore" (en inglés). 2008-06-20. Consultado o 2022-07-06. 
  9. "Turbo roundabouts as an alternative to two lane roundabouts" (PDF) (en inglés). 2007. 
  10. "Así se circula en las turboglorietas". Consultado o 2022-07-06. 
  11. "Nuevas rotondas holandesas: qué son y cómo hay que circular por ellas sin liarla". La Vanguardia. 21/1/2022. 
  12. TRB (2016). Highway Capacity Manual, Sixth Edition: A Guide for Multimodal Mobility Analysis. Transportation Research Board, National Research Council, Washington, DC, USA. 
  13. TRB. Roundabouts: An Informational Guide. NCHRP Report 672. Transportation Research Board, National Research Council, Washington, D.C., USA, in cooperation with US Department of Transportation, Federal Highway Administration. 
  14. "Arte en Lugares Públicos, Bend, Oregon". Art in Public Places. Arquivado dende o orixinal o 4 de novembro de 2013. Consultado o 2 de novembro de 2013. 
  15. "Pillar of art" (PDF). Art in Public Places. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2 de novembro de 2013. Consultado o 2 de novembro de 2013. 
  16. "Fuerteventura, arte en las carreteras: rotondas como galerías". Roberto Alborghetti. Consultado o 2 de novembrode 2013. 
  17. Países Bajos, Bélgica, Alemania y Austria en Google Maps Copia arquivada en Wayback Machine Fotografías de rotondas dos Países Baixos, Bélxica, Alemaña e Austria
  18. 18,0 18,1 "Rotondas inusuales: artística, y de otra manera. Una colección de más de 2.000 fotografías, por casi 200 fotógrafos aficionados, de todo el mundo". Panoramio: Roundabouts. www.panoramio.com. Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2013. Consultado o 2 de novembro de 2013. 
  19. "Inventario de las rotondas francesas" (en francés). Marc Lescuyer. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2008. Consultado o 1 de xaneiro de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]