Este artigo amosa escritos coreanos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Samsung (en hangul: 삼성; en hanja: 三星; en coreano: Samseong) é unha das máis fortes e recoñecidas empresas surcoreanas a nivel mundial e líder en diversas ramas da industria electrónica e a industria en xeral.
Primeiro edificio de Samsung Sanghoe en Daegu (1938).
As orixes do actual grupo Samsung remontanse ao 1 de marzo de 1938. Ese día, o empresario coreano Lee Byung-chul (1910–1987) inaugurou en Daegu unha compañía de importación e exportación de produtos perecedeiros á que chamou Samsung Sanghoe (en coreano, «tres estrelas»).[1] Durante o tempo que Corea estivo ocupada polo Xapón, o principal negocio foi a venda de peixe seco e foitas a Manchukuo. Ao rematar a segunda guerra mundial, Corea recuperou a súa independencia e Samsung prosperou ao ampliar a súa actividade ao proceso de alimentos e a fabricación de téxtiles.
Samsung Electronics, fundada en 1969, é o membro máis grande do Grupo Samsung, que é á vez unha das compañías de aparellos eléctricos máis importantes ao redor do mundo. Samsung opera en ao redor de 58 países e ten máis de 208.000 empregados. As súas vendas no ano 2003 foron de ao redor de 101.700 millóns de dólares (uns 86.200 millóns de Euros).
Samsung Electronics é recoñecida por ser unha das dez meirandes marcas de fabricantes no mundo; é especificamente a segunda maior produtora do mundo, tendo o primeiro lugar, a tamén coreana Hyundai; a cal ten á venda produtos de telecomunicacións, electrodomésticos e pantallas.