Science foi fundada en Nova York por John Michaels en 1880 co soporte financeiro de Thomas Edison e posteriormente de Alexander Graham Bell. Inicialmente non ten moito éxito e finaliza seu publicación en marzo de 1882. Un ano despois, o entomólogoSamuel H. Scudder recupera a revista alcanzando un maior renome ao cubrir as reunións das sociedades científicas americanas, incluíndo a AAAS[1]. Con todo, en 1884, de novo ten problemas financeiros e foi vendida ó psicólogo James McKeen Cattell por 500$. Nun acordo entre Cattell e o secretario naquel tempo da AAAS, Leland O. Howard, Science pasa a ser o órgano de expresión da Sociedade Americana polo Avance da Ciencia en 1900.[2] Durante os primeiros anos do século XX son publicados en Science, artigos como a xenética da mosca do vinagre por Thomas Hunt Morgan, artigos de Albert Einstein sobre gravitación, e a nebulosa espiral de Edwin Hubble.[3] . Despois da morte de Cattell en 1944, a propiedade da revista pasou á AAAS.[4]
Adóptase como a revista da Asociación Americana polo Avance da Ciencia en 1900. O maior obxectivo da revista é a publicación de achados de investigación recente (fonte primaria). Science é tamén coñecida polos seus science-related news, que é unha publicación sobre política científica e outros asuntos en relación coa área das ciencias e tecnoloxía. Cobre un amplo rango de disciplinas científicas, pero ten especial interese nas ciencias da vida. Ten un factor de impacto en 2014 de 33.611 (medido por Thomson ISI).