Saltar ao contido

Sebastes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sebastes
Rango fósil: 33,9 Ma-0 Ma
Oligoceno temperán-Presente[1]

Sebastes ruberrimus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orde: Perciformes
Familia: Scorpaenidae
Subfamilia: Sebastinae
Xénero: Sebastes
G. Cuvier, 1829
Especie tipo
Sebastes norvegicus[2]
(Ascanius, 1772)
Sinonimia[3]
  • Acutomentum Eigenmann & Beeson, 1893
  • Allosebastes Hubbs, 1951
  • Auctospina Eigenmann & Beeson, 1893
  • Emmelas Jordan & Evermann, 1898
  • Eosebastes Jordan & Evermann, 1896
  • Eusebastes Sauvage, 1878
  • Hatumeus Matsubara, 1943
  • Hispaniscus Jordan & Evermann, 1896
  • Mebarus Matsubara, 1943
  • Murasoius Matsubara, 1943
  • Neohispaniscus Matsubara, 1943
  • Perca Ascanius, 1772
  • Pteropodus Eigenmann & Beeson, 1893
  • Primospina Eigenmann & Beeson, 1893
  • Rosicola Jordan & Evermann, 1896
  • Sebastichthys Gill, 1862
  • Sebastocarus Jordan & Evermann, 1927
  • Sebastocles Jordan & Hubbs, 1925
  • Sebastodes Gill, 1861
  • Sebastomus Gill, 1864
  • Sebastopyr Jordan & Evermann, 1927
  • Sebastomus Gill, 1864
  • Takenokius Matsubara, 1943
  • Zalopyr Jordan & Evermann, 1898

Sebastes é un xénero de peixes mariños actinopterixios pertencentes á subfamilia Sebastinae, parte da familia Scorpaenidae. Viven nos océanos Atlántico e Pacífico.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Sebastes foi descrito como xénero por primeira vez en 1829 polo zoólogo francés Georges Cuvier, e o ictiólogo holandés Pieter Bleeker designou en 1876 como especie tipo Perca norvegica, hoxe Sebastes norvegicus (que puido ser descrita orixinalmente polo zoólogo noruegués Peter Ascanius en 1772).[3] O xénero é o xénero tipo da tribo Sebastini e da subfamilia Sebastinae, aínda que algunhas autoridades tratan estes taxons como subfamilia Sebastinae (a tribo) e familia Sebastidae (a subfamilia), separando os Sebastidae como unha familia distinta de Scorpaenidae.[4][5] Outras autoridades sitúano na orde Perciformes suborde Scorpaenoidei.[6]

Algunhas autoridades dividen este gran xénero en subxéneros da seguinte maneira:[7]

  • Sebastes Cuvier, 1829
    • S. fasciatus
    • S. mentella
    • S. norvegicus
    • S. viviparus
  • Acutomentum Eigenmann & Beeson, 1893
    • S. alutus
    • S. baramenuke
    • S. brevispinis
    • S. entomelas
    • S. flammeus
    • S. hopkinsi
    • S. iracundus
    • S. kiyomatsui
    • S. macdonaldi
    • S. minor
    • S. ovalis
    • S. rufus
    • S. scythropus
    • S. wakiyai
  • Allosebastes Hubbs, 1951
    • S. cortezi
    • S. diploproa
    • S. emphaeus
    • S. peduncularis
    • S. proriger
    • S. rufinanus
    • S. saxicola
    • S. semicinctus
    • S. sinensis
    • S. variegatus
    • S. varispinis
    • S. wilsoni
    • S. zacentrus
  • Auctospina Eigenmann & Beeson 1893
    • S. auriculatus
    • S. dallii
  • Emmelas Jordan & Evermann 1898
    • S. glaucus
  • Eosebastes Jordan & Evermann, 1896
    • S. aurora
    • S. crameri
    • S. melanosema
    • S. melanostomus
  • Hatumeus Matsubara, 1943
    • S. owstoni
  • Hispaniscus Jordan & Evermann, 1896
    • S. elongatus
    • S. levis
    • S. rubrivinctus
  • Mebarus Matsubara 1943
    • S. atrovirens
    • S. cheni
    • S. inermis
    • S. joyneri
    • S. taczanowskii
    • S. thompsoni
    • S. ventricosus
  • Murasoius Matsubara 1943
    • S. nudus
    • S. pachycephalus
  • Neohispaniscus Matsubara 1943
    • S. schlegelii
    • S. vulpes
    • S. zonatus
  • Pteropodus Eigenmann & Beeson, 1893
    • S. carnatus
    • S. caurinus
    • S. chrysomelas
    • S. hubbsi
    • S. longispinis
    • S. maliger
    • S. nebulosus
    • S. nivosus
    • S. rastrelliger
    • S. trivittatus
  • Rosicola Jordan & Evermann, 1896
    • S. babcocki
    • S. miniatus
    • S. pinniger
  • Sebastichthys Gill, 1862
    • S. nigrocinctus
  • Sebastocarus Jordan & Evermann, 1927
    • S. serriceps
  • Sebastodes Gill, 1861
    • S. goodei
    • S. itinus
    • S. jordani
    • S. paucispinis
    • S. steindachneri
  • Sebastomus Gill, 1864
    • S. capensis
    • S. chlorostictus
    • S. constellatus
    • S. ensifer
    • S. eos
    • S. exsul
    • S. helvomaculatus
    • S. lentiginosus
    • S. notius
    • S. oculatus
    • S. rosaceus
    • S. rosenblatti
    • S. serranoides
    • S. simulator
    • S. spinorbis
    • S. umbrosus
  • Sebastopyr Jordan & Evermann, 1927
    • S. ruberrimus
  • Sebastosomus Gill, 1864
    • S. ciliatus
    • S. diaconus
    • S. flavidus
    • S. melanops
    • S. mystinus
    • S. variabilis
  • Takenokius Matsubara, 1943
    • S. oblongus
  • Zalopyr Jordan & Evermann, 1898
    • S. aleutianus
    • S. borealis
    • S. matsubarae
    • S. melanostictus
  • Incertae sedis
    • S. gilli
    • S. koreanus
    • S. moseri
    • S. phillipsi
    • S. polyspinis
    • S. reedi

O nome do xénero deriva do grego Sebastos, un termo honorífico usado na antiga Grecia para o título imperial romano de Augusto, unha alusión ao vello nome de S. norvegicus na illa balear de Eivisa, a súa localidade tipo, que Cuvier traduciu como "augusto" ou "venerable".[7]

O rexistro fósil deste tipo de peixes remóntase ao Mioceno, con fósiles inequívocos de corpo completo e otólitos de California e o Xapón (aínda que os otólitos fósiles de Bélxica, de "Sebastes" weileri, poden atrasar o rexistro ata o Oligoceno temperán).[8]

Sebastes contén 109 especies existentes recoñecidas, que son:[9][10]

Imaxe Nome científico Nome común Distribución
Sebastes aleutianus (D. S. Jordan & Evermann, 1898) Pacífico norte (costas do Xapón ata o Canón Navarin no mar de Bering ata as illas Aleutianas, e cara ao sur ata San Diego, California)
Sebastes alutus

(C. H. Gilbert, 1890)

Pacífico norte (sur de California polo do bordo do Pacífico ata o norte de Honshū, Xapón, incluíndo o mar de Bering.)
Sebastes atrovirens (D. S. Jordan & C. H. Gilbert, 1880) Océano Pacífico (costa de California nos Estados Unidos e Baixa California en México)
Sebastes auriculatus

(Girard, 1854)

Océano Pacífico (Baía San Hipólito no sur de Baixa California ata o estreito de Príncipe William no norte do golfo de Alasca.)
Sebastes aurora

(C. H. Gilbert, 1890)

Pacífico norte
Sebastes babcocki

(W. F. Thompson, 1915)

Océano Pacífico (canón de Zhemchug no mar de Bering e as Aleutianas e polo sur ata San Diego, California)
Sebastes baramenuke

(Wakiya, 1917)

Océano Pacífico (norte do Xapón a Corea do Sur)
Sebastes borealis

(Barsukov, 1970)

Océano Pacífico (sur da península de Kamchatka, Rusia, ata Fort Bragg, California.)
Sebastes brevispinis

(T. H. Bean, 1884)

Océano Pacífico (mar de Bering nas costas de Alaska ata Baixa California)
Sebastes capensis

(J. F. Gmelin, 1789)

Costa oeste de Suráfrica, Tristán da Cunha e sur de América do Sur,
Sebastes carnatus (D. S. Jordan & C. H. Gilbert, 1880) Océano Pacífico (cabo Blanco en Oregón, ata Punta San Roque no sur de Baixa California)
Sebastes caurinus

(J. Richardson, 1844)

Océano Pacífico (golfo de Alasca, ata o lado pacífico da península de Baixa California, ao norte de Guerrero Negro.)
Sebastes cheni

(Barsukov, 1988)

Pacífico noroeste
Sebastes chlorostictus

(D. S. Jordan & C. H. Gilbert, 1880)

Pacífico leste.
Sebastes chrysomelas

(D. S. Jordan & C. H. Gilbert, 1881)

Océano Pacífico (fronte ás costas de California e Baixa California.)
Sebastes ciliatus

(Tilesius, 1813)

Océno Pacífico (mar de Bering preto da Columbia Británica, no Golfo de Alasca, e nas profundidades das illas Aleutianas.)
Sebastes constellatus

(D. S. Jordan & C. H. Gilbert, 1880)

Océano Pacífico (California e Baixa California)
Sebastes cortezi

(Beebe & Tee-Van, 1938)

Océano Pacífico (golfo de California ao longo da costa de Baixa California, México.)
Sebastes crameri (D. S. Jordan, 1897) Océano Pacífico (sueste do canón de Zhemchug no mar de Bering ata a illa de Santa Catalina, California)
Sebastes dallii

(C. H. Eigenmann & Beeson, 1894)

Pacífico central leste.
Sebastes diaconus

(Frable, D. W. Wagman, Frierson, A. Aguilar & Sidlauskas, 2015)

[11] Norte de California ao sur da Columbia Británica.
Sebastes diploproa (C. H. Gilbert, 1890) Pacífico noroeste
Sebastes elongatus

(Ayres, 1859)

Pacífico noroeste
Sebastes emphaeus (Starks, 1911) Océano Pacífico (da península de Kenai, Alasca ao norte de California)
Sebastes ensifer

(L. C. Chen, 1971)

Pacífico central
Sebastes entomelas (D. S. Jordan & C. H. Gilbert, 1880) Oeste de América do Norte desde Alasca a Baixa California.
Sebastes eos

(C. H. Eigenmann & R. S. Eigenmann, 1890)

Baía de Monterrey en California, ata Baixa California, México
Sebastes exsul

(L. C. Chen, 1971)

Pacífico central: oeste do golfo de California.
Sebastes fasciatus

(D. H. Storer (fr), 1854)

Océano Atlántico noroeste e a súa distribución se estende desde Virxinia, o golfo de San Lorenzo, Nova Escocia, oeste de Groenlandia e Islandia
Sebastes flammeus

(D. S. Jordan & Starks, 1904)

Pacífico noroeste.
Sebastes flavidus

(Ayres, 1862)

San Diego, California ata a illa Kodiak, Alasca
Sebastes gilli

(R. S. Eigenmann, 1891)

Baía de Monterrey en California ata o norte de Baixa California, México.
Sebastes glaucus

(Hilgendorf, 1880)

Pacífico noroeste
Sebastes goodei

(C. H. Eigenmann & R. S. Eigenmann, 1890)

Oeste de América do Norte desde Baixa California a Vancouver.
Sebastes helvomaculatus (Ayres, 1859 ) Pacífico leste.
Sebastes hopkinsi

(Cramer, 1895)

Pacífico leste
Sebastes hubbsi

(Matsubara, 1937)

Pacífico noroeste
Sebastes ijimae

(D. S. Jordan & Metz, 1913)

Xapón e Corea do Sur
Sebastes inermis

(G. Cuvier, 1829)

Costas do Xapón e península de Corea
Sebastes iracundus (D. S. Jordan & Starks, 1904) Pacífico noroeste
Sebastes itinus

(D. S. Jordan & Starks, 1904)

Xapón
Sebastes jordani

(C. H. Gilbert, 1896)

Illa de Vancouver na Columbia Británica, Canadá ata o norte de Baixa California, México
Sebastes joyneri

(Günther, 1878)

Xapón e Corea
Sebastes kiyomatsui

(Y. Kai & Nakabo, 2004)

Xapón
Sebastes koreanus

(I. S. Kim & W. O. Lee, 1994)

Corea
Sebastes lentiginosus

(L. C. Chen, 1971)

Illa Santa Catalina no sur de California ata o norte da Baixa California
Sebastes levis (C. H. Eigenmann & R. S. Eigenmann, 1889) Sur de California
Sebastes longispinis (Matsubara, 1934) Xapón e Corea do Sur
Sebastes macdonaldi (C. H. Eigenmann & Beeson, 1893) California ata o sur de Baixa California, México e o golfo de California
Sebastes maliger (D. S. Jordan & C. H. Gilbert, 1880) A costa do Pacífico desde o golfo de Alasca ao norte das illas do Canal do sur de California
Sebastes matsubarai

(Hilgendorf, 1880)

Norte do Xapón
Sebastes melanops (Girard, 1856 ) Oregón, California, Washington, Columbia Británica, Alasca
Sebastes melanosema

(R. N. Lea & Fitch, 1979)

Sur de California ata o centro de Baixa California, México.
Sebastes melanostictus

(Matsubara, 1934)

Pacífico norte
Sebastes melanostomus

(C. H. Eigenmann & R. S. Eigenmann, 1890)

Washington ata a Baixa California central
Sebastes mentella

(Travin, 1951)

Atlántico norte
Sebastes miniatus (D. S. Jordan & C. H. Gilbert, 1880) América do Norte desde Baixa California a Alasca.
Sebastes minor

(Barsukov, 1972)

Hokkaido, Xapón a Sakhalin, Krai de Primorskii e o sur das illas Kuriles
Sebastes moseri

(Eitner, 1999)

Pacífico noroeste
Sebastes mystinus (D. S. Jordan & C. H. Gilbert, 1881) [11] Océano Pacífico noroeste, desde o norte de Baixa California ao Oregón central
Sebastes nebulosus (Ayres, 1854 ) Baía de Kachemak no norte do golfo de Alasca ata Redondo Beach e a illa San Nicolas no sur de California
Sebastes nigrocinctus

(Ayres, 1859)

Océano Pacífico fronte á illa Kodiak, e desde o estredeito de Príncipe William, Alasca, ao sur de Point Buchon, California central
Sebastes nivosus

(Hilgendorf, 1880)

Sebastes norvegicus

(Ascanius, 1772)

Atlántico norte
Sebastes notius

(L. C. Che, 1971)

Illa Guadalupe, México
Sebastes nudus (Matsubara, 1943) Xapón e Corea do Sur
Sebastes oblongus (Günther, 1877) Xapón e Corea do Sur
Sebastes oculatus

(Valenciennes, 1833)

Pacífico sueste e Atlántico suroeste: Chile, Arxentina e as illas Falkland
Sebastes ovalis (Ayres, 1862) Pacífico leste
Sebastes owstoni (D. S. Jordan & W. F. Thompson, 1914) Xapón ata o Krai de Primorskii, o mar de Okhotsk, e Corea do Norte
Sebastes pachycephalus

(Temminck & Schlegel, 1843)

Pacífico noroeste
Sebastes paucispinis

(Ayres, 1854)

baía Stepovak, Alasca ao centro de Baixa California
Sebastes peduncularis

(L. C. Chen, 1975)

Pacífico central leste
Sebastes phillipsi (Fitch, 1964) Baía de Monterrey ata Newport Beach no sur de California
Sebastes pinniger

(T. N. Gill, 1864)

sur do estreito de Shelikof no leste do golfo de Alasca ata Punta Colonet no norte de Baixa California.
Sebastes polyspinis (Taranetz & Moiseev, 1933) Pacífico norte
Sebastes proriger (D. S. Jordan & C. H. Gilbert, 1880) Mar de Bering e illa Amchitka na cadea das Aleutianas ata San Diego, California
Sebastes rastrelliger

(D. S. Jordan & C. H. Gilbert, 1880)

Pacífico leste
Sebastes reedi

(Westrheim & Tsuyuki, 1967)

Pacífico leste
Sebastes rosaceus (Ayres, 1854 ) Pacífico leste
Sebastes rosenblatti

(L. C. Chen, 1971)

San Francisco en California ata o centro de Baixa California, México.
Sebastes ruberrimus

(Cramer, 1895)

Pacífico leste e desde Baixa California a Dutch Harbor en Alasca
Sebastes rubrivinctus

(D. S. Jordan & C. H. Gilbert, 1880)

California e Baixa California
Sebastes rufinanus

(R. N. Lea & Fitch, 1972)

Pacífico central leste, especialmente arredor da illa de San Clemente fronte ás costas do sur de California
Sebastes rufus

(C. H. Eigenmann & R. S. Eigenmann, 1890)

Fort Bragg norte de California ata o centro de Baixa California e illa Guadalupe.
Sebastes saxicola (C. H. Gilbert, 1890) Baía Yakutat, Alasca ata Rompiente Point, Baixa California
Sebastes schlegelii (Hilgendorf, 1880 ) Norte de Asia.
Sebastes scythropus

(D. S. Jordan & Snyder, 1900)

Xapón
Sebastes semicinctus

(C. H. Gilbert, 1897)

Pacífico central leste
Sebastes serranoides

(C. H. Eigenmann & R. S. Eigenmann, 1890)

Pacífico leste
Sebastes serriceps (D. S. Jordan & C. H. Gilbert, 1880) Pacífico leste desde San Francisco, California a Baixa California central
Sebastes simulator (L. C. Chen, 1971 ) desde San Pedro no sur de California á illa Guadalupe (fronte do norte da Baixa California central)
Sebastes sinensis (C. H. Gilbert, 1890) Golfo de California.
Sebastes spinorbis (L. C. Chen, 1975) Pacífico central leste
Sebastes steindachneri (Hilgendorf, 1880) Norte do Xapón ata o sur das illas Kuriles, norte do mar do Xapón e mar de Okhotsk. Informouse da súa presenza desde Corea do Sur.
Sebastes taczanowskii

(Steindachner, 1880)

Costas do Pacífico noroeste
Sebastes thompsoni

(D. S. Jordan & C. L. Hubbs, 1925)

Norte do Xapón
Sebastes trivittatus (Hilgendorf, 1880) Pacífico noroeste, Xapón e Corea
Sebastes umbrosus

(D. S. Jordan & C. H. Gilbert, 1882)

Point Pinos, condado de Monterrey en California central ata o sur do centro de Baixa California
Sebastes variabilis (Pallas, 1814) Xapón, costa leste de Kamchatka ata cabo Ol'utorskii no oeste do mar de Bering, ao longo das illas Aleutianas no leste do mar de Bering, a través do golfo de Alasca e cara ao sur ata o estreito de Johnstone, Columbia Británica e centro de Oregón.
Sebastes variegatus

(Quast, 1971)

Banco Bowers e banco Petrel na cadea das Aleutianas ata Newport, Oregón
Sebastes varispinis (L. C. Chen, 1975) Pacífico central leste
Sebastes ventricosus (Temminck & Schlegel, 1843 ) Pacífico noroeste
Sebastes viviparus (Krøyer, 1845) Costas de Noruega desde Kattegat a Tanafjord en Finnmark, raro na Illa do Oso, norte do mar do Norte, arredor das illas Shetland, Escocia, norte de Inglaterra, Gales e Irlanda, rara no Canal da Mancha; banco de Rockall, común arredor das Faroes e Islandia; esporádica fronte ao leste de Groenlandia
Sebastes vulpes

(Döderlein (de), 1884)

Xapón e Corea
Sebastes wakiyai (Matsubara, 1934) Xapón e Corea do Sur
Sebastes wilsoni (C. H. Gilbert, 1915) Pacífico leste, desde o golfo de Alasca a Baixa California
Sebastes zacentrus (C. H. Gilbert, 1890) Illa Semisopochnoi no arquipélago das Aleutianas ata San Diego, California
Sebastes zonatus

(L. C. Chen & Barsukov, 1976)

Xapón e Corea do Sur

Características

[editar | editar a fonte]

As especies de Sebastes teñen corpos que varían desde alongados a altos, e poden estar de moderadamente a moi comprimidos cunha cabeza comparativamente grande. Os seus ollos varían de grandes a pequenos. Poden ter espiñas na cabeza ou non; se teñen espiñas, estas poden ser pequenas e débiles ou robustas e pode haber ata 8. Carecen de crista horizontal espiñosa baixo o ollo. As mandíbulas teñen pequenos dentes cónicos e teñen dentes no ceo da boca. A única aleta dorsal está fortemente incisa na parte posterior da porción espiñenta que contén 12–15 robustas espiñas que teñen veleno e na parte posterior destas hai 9–16 raios brandos. A aleta anal ten de 2 a 4 espiñas e de 6 a 11 raios brandos. Hai unha espiña en cada unha das aletas pelvianas, así como 5 raios brandos e están situadas baixo as aletas pectorais. As aletas pectorais son grandes e poden ser redondeadas ou agudas con 14–22 raios brandos, sendo os máis longos os centrais. A aleta caudal é de recta a lixeiramente cóncava. A liña lateral pode ter escamas con poros ou tubos.[12] Varían en tamaño desde unha lonxitude máxima total de 13,7 cm en S. koreanus ata 108 cm en S. borealis.[9]

Distribución

[editar | editar a fonte]

Os Sebastes encóntranse nos océanos Pacífico norte e sur e no Atlántico temperados.[12] Viven desde a zona intermareal ata case 3.000 m de profundidade, xeralmente vivindo como organismo do bentos sobre varios substratos, a miúdo, arredor de afloramentos rochosos.[13]

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

Os Sebastes poden ter unha longa vida, e están entre os peixes existentes de máis longa vida, con varias especies que superan os 100 anos de idade, e informouse unha idade máxima a maximum de 205 anos no caso de S. aleutianus.[13]

Ecotoxicoloxía, radioecoloxía

[editar | editar a fonte]

Como todos os carnívoros, estes peixes poden bioacumular algúns contminantes ou radionúclidos como os do cesio se se producen verteduras. Capturáronse exemplares de Sebastes moi radioactivos nun porto da cidade de Fukushima, Xapón, non lonxe da planta nuclear de Fukushima, que sufrira un accidente dous anos antes causado por un tsunami (datos: 107000 Bq/kg[14] (2013-02-12); 116000 Bq/kg[14] (2013-02-13) e 132000Bq/kg[14] (2013-02-13), respectivamente 1070, 1160, e 1320 veces máis do máximo permitido polas autoridades xaponesas (na actualización do 1 de abril de 2012)).[14]

Pesquerías

[editar | editar a fonte]

Os Sebastes son importantes na pesca comercial e deportiva, e moitas especies foron sobrepescadas. Como resultado, as tempadas de pesca están moi controladas en moitas áreas. As especies de Sebastes son ás veces substitutos fraudulentos da especie máis cara Lutjanus campechanus.[15]

  1. Sepkoski, J. (2002). "A compendium of fossil marine animal genera". Bulletins of American Paleontology 364: 560. Arquivado dende o orixinal o 2009-02-20. 
  2. Kendall, A.W.Jr. "An Historical Review of Sebastes Taxonomy and Systematics" (PDF). NOAA. 
  3. 3,0 3,1 Eschmeyer, William N.; Fricke, Ron & van der Laan, Richard (eds.). "Genera in the family Sebastidae". Catalog of Fishes. California Academy of Sciences. Consultado o 1 de novembro de 2021.
  4. Froese, Rainer e Daniel Pauly, eds. (2021). "Sebastidae" en FishBase. Versión de xuño de 2021.
  5. J. S. Nelson; T. C. Grande; M. V. H. Wilson (2016). Fishes of the World (5ª ed.). Wiley. pp. 468–475. ISBN 978-1-118-34233-6. 
  6. Ricardo Betancur-R; Edward O. Wiley; Gloria Arratia; et al. (2017). "Phylogenetic classification of bony fishes". BMC Evolutionary Biology 17 (162). Bibcode:2017BMCEE..17..162B. PMC 5501477. doi:10.1186/s12862-017-0958-3. 
  7. 7,0 7,1 Christopher Scharpf; Kenneth J. Lazara, eds. (22 de maio de 2021). "Order Perciformes (Part 8): Suborder Scorpaenoidei: Families Sebastidae, Setarchidae and Neosebastidae". The ETYFish Project Fish Name Etymology Database. Christopher Scharpf and Kenneth J. Lazara. Consultado o 1 de novembro de 2021. 
  8. "Sebastes Cuvier 1829 (ray-finned fish)". fossilworks. Consultado o 17 de decembro de 2021. 
  9. 9,0 9,1 Froese, Rainer; Pauly, Daniel (eds.). "Species in genus Sebastes". FishBase. Vesión de xuño de 2021.
  10. Eschmeyer, William N.; Fricke, Ron & van der Laan, Richard (eds.). "Species in the genus Sebastes". Catalog of Fishes. California Academy of Sciences. Consultado o 2 de novembro de 2021.
  11. 11,0 11,1 Frable, B.W.; Wagman, D.W.; Frierson, T.N.; Aguilar, A.; Sidlauskas, B.L. (2015). "A new species of Sebastes (Scorpaeniformes: Sebastidae) from the northeastern Pacific, with a redescription of the blue rockfish, S. mystinus (Jordan and Gilbert, 1881)" (PDF). Fishery Bulletin 113 (4): 355–377. doi:10.7755/fb.113.4.1. 
  12. 12,0 12,1 "Sebastes". Shorefishes of the Eastern Pacific online information system. Smithsonian Tropical Research Institute. Consultado o 1 de novembro de 2021. 
  13. 13,0 13,1 Cailliet, G.M.; Andrews, A.H.; Burton, E.J.; Watters, D.L.; Kline, D.E.; Ferry-Graham, L.A. (2001). "Age determination and validation studies of marine fishes: do deep-dwellers live longer?". Experimental Gerontology 36 (4–6): 739–764. PMID 11295512. doi:10.1016/s0531-5565(00)00239-4. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 TEPCO (2013): Nuclide Analysis Results of Fish and Shellfish (The Ocean Area Within 20km Radius of Fukushima Daiichi NPS <1/13>.
  15. "Regulatory Fish Encyclopedia". U.S. Food and Drug Administration. Arquivado dende o orixinal o July 30, 2013.