Slane
Aparencia
| Baile Shláine (ga) | ||||
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Irlanda | |||
| Provincias | Leinster | |||
| Condados | Condado de Meath | |||
| Xeografía | ||||
| Altitude | 64 m | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Fuso horario | ||||
Slane, en irlandés Baile Shláine, é unha localidade situada no Condado de Meath, na provincia de Leinster (República de Irlanda). A vila está situada na marxe esquerda do río Boyne na intersección das vías que unen Dublín con Monaghan e Drogheda con Navan. No 2006 tiña unha poboación de 1.099 habitantes, o que supuxo un incremento de 823 habitantes respecto do ano 2002. A poboación da vila e do seu contorno rural no 2006 era de 1.587 fronte aos 1.336 do 2002.[1] O centro da vila data do século XVIII e tanto a vila como os seus arredores conteñen moitos vestixios históricos de ata 5.000 anos.
