Saltar ao contido

Stranger Things

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Stranger Things
 Título
Stranger Things Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua orixinal
Autoría
 Creador/a
 Compositor/a
 Guionista
Temática
 Universo ficticio
Publicación
 Produtor/a executivo
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
 Emisora orixinal
 Formato de distribución
Datas
 Data de comezo
15 de xullo de 2016 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
31 de decembro de 2025 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
15 de xullo de 2016 Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Duración96 min Editar o valor en Wikidata
Número de episodios41 Editar o valor en Wikidata
Número de tempadas5 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Recoñecemento
 Premios
Identificadores
VIAF109147662975360551180 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL9645968A Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0131ln7y Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Redes
IMDB: tt4574334 Filmaffinity: 745751 Allocine: 19156 Rottentomatoes: tv/stranger_things Allmovie: am74718 Metacritic: tv/stranger-things TV.com: shows/stranger-things
Facebook: StrangerThingsTV Twitter: Stranger_Things Instagram: strangerthingstv Youtube: UChmpTxQ0Gp8KEJKsqzeg9Lg BNE: XX5742754 Netlix: 80057281 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Stranger Things é unha serie de televisión estadounidense do xénero sobrenatural, ciencia ficción e terror creada polos Irmáns Duffer.[1] Foi escrita e dirixida por Matt e Ross Duffer e o seu produtor executivo é Shawn Levy.[2] A primeira tempada, estreada en xullo de 2016, está protagonizada por Winona Ryder, David Harbour, Finn Wolfhard, Millie Bobby Brown, Gaten Matarazzo, Caleb McLaughlin, Natalia Dyer, Charlie Heaton, Cara Buono e Matthew Modine, xunto con Noah Schnapp e Joe Keery nos papeis secundarios. Na segunda tempada, Schnapp e Keery foron promovidos a actores principais, xunto coas incorporacións Sadie Sink, Dacre Montgomery, Sean Astin e Paul Reiser.

Está ambientada na vila ficticia de Hawkins, Indiana, na década de 1980. A primeira tempada céntrase na investigación da desaparición dun rapaz no medio de eventos sobrenaturais en toda a vila, nos que está implicada unha rapaza con habilidades psicocinéticas. A rapaza axuda ós amigos do desaparecido a atopalo. A segunda tempada, titulada Stranger Things 2, ocorre un ano despois da primeira, e conta as dificultades dos personaxes de volver á normalidade despois dos eventos ocorridos na primeira tempada.

Estreouse a través da canle Netflix o 15 de xullo de 2016. Recibiu a aclamación da crítica pola súa caracterización, a atmosfera, as actuacións, a banda sonora, o guión e as homenaxes ós filmes da década de 1980. Recibiu tamén varios premios e nomeamentos, incluíndo o Screen Actors Guild ó mellor conxunto de actores dunha serie dramática, e dezaoito nomeamentos ós premios Primetime Emmy. O 31 de agosto de 2016, Netflix renovou a serie para unha segunda tempada de nove episodios, que foi estreada o 27 de outubro de 2017. Os irmáns Duffer confirmaron que a serie continuaría nunha terceira tempada, co obxectivo de concluíla na quinta tempada.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Recorrentes

[editar | editar a fonte]
  • Noah Schnapp como Will Byers
  • Joe Keery como Steve Harrington
  • Shannon Purser como Barbara "Barb" Holland
  • Ross Partridge como Lonnie
  • Rob Morgan como Oficial Powell
  • John Paul Reynolds como Oficial Callahan
  • Randall P. Havens como Scott Clarke
  • Aimee Mullins como Terry Ives
  1. DenofGeek.com (ed.). "Netflix's Stranger Things spoiler-free review". Consultado o 17 de xullo de 2016. 
  2. Andreeva, Nellie (2 de abril de 2015). Deadline.com, ed. "Netflix Orders Supernatural Drama Series From Matt & Ross Duffer, Shawn Levy". Consultado o 3 de abril de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]