Tele2 Arena
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2015.) |
| Tele2 Arena | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| concello de Estocolmo | |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Deporte
| |||||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||||
|
Fabricante
| |||||||||||
|
Operador/a
| |||||||||||
|
Ocupante
| |||||||||||
|
Propietario/a
| |||||||||||
|
Arquitecto/a
White & Arup | |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
O Tele2 Arena é un estadio multiúsos situado na cidade de Estocolmo, Suecia. Sobre todo, utilízase para fútbol e para concertos, aínda que serve para moitas máis cousas. Ten unha capacidade de 33 000 espectadores e actúa como sede do Djurgårdens IF e do Hammarby IF que xogan na Allsvenskan, a primeira división sueca de fútbol.
Historia
[editar | editar a fonte]Cunha capacidade de ata 40 000 espectadores e un teito retráctil, este estadio pode albergar: concertos, deportes de motor, deportes ecuestres, deportes de xeo, banquetes, exposicións, eventos de empresa e xuntas de accionistas, ademais de fútbol.
O custo cifrouse en 2,7 billóns de coroas suecas incluíndo a apropiación dos terreos e a construción dun novo aparcadoiro debaixo do estadio.
O multiúsos foi feito para albergar o partido inaugural do Campionato do Mundo de Hóckey sobre Xeo 2013, pero o final da construción atrasouse ata xullo do 2013 e ese partido non se puido celebrar. Nun principio, tamén estaba previsto que o Tele2 Arena acollera a final da Superliga sueca de floorball, pero despois da demora, decidiuse que as finais do 2013 e do 2014 se trasladasen ao Malmö Arena. Tamén se decidiu que o Tele2 Arena fose o estadio nacional de Suecia no speedway e no fútbol americano.
Eventos
[editar | editar a fonte]Aquí xogan dous equipos de fútbol da cidade:o Djurgårdens IF e o Hammarby IF. O IF Brommapojkarna é outro club estocolmés que xoga aquí, pero isto só o fai cando hai derbis, o resto de partidos xógaos no Grimsta IP.
Madonna visitou o Tele2 Arena co seu Rebel Heart Tour o día 14 de novembro do 2014.
O 28 de febreiro e o 1 de marzo do 2014, a súper estrela sueca Avicii celebrou dous concertos aquí con 35 000 e 40 000 espectadores respectivamente.
Os Rolling Stones tamén pisaron este estadio o 1 de xullo do 2014 grazas á súa xira 14 On Fire Tour.
No verán do 2015 celebrarase o Campionato do Mundo de Fútbol Americano aquí como única sede.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tele2 Arena |
