Tu Fu
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (zh) 杜甫 712 Gongyi (Dinastía Tang) |
| Morte | 770 Tanzhou (Dinastía Tang) |
| Lugar de sepultura | Pingjiang County (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Poesía |
| Ocupación | poeta, escritor, calígrafo |
| Familia | |
| Familia | Du clan of Jingzhao (en) |
| Fillos | Du Zongwen, Du Zongwu, Du Siye |
| Pais | Du Xian |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Ду Фу) Wanxiaotang Huazhuan Obálky knih, |
Du Fu (chinés tradicional e simplificado: 杜甫, pinyin: Dù Fǔ; Wade-Giles: Tu4 Fu3), tamén coñecido como Dù Shàolíng (杜少陵) ou Dù Gōngbù (杜工部), nado en Gongyi no ano 712 e finado en Tanzhou en 770, foi un destacado poeta chinés durante a época da dinastía Tang. O seu nome de cortesía era Zǐ Měi (子美).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Contemporáneo e amigo de Li Bai (Li Po), a súa poesía tivo, porén, un carácter máis político e social que a de Li Bai. A pesar de suspender os exames imperiais nunha ocasión, chegou a se converter en funcionario do Estado, traballando na corte do emperador Tang Suzong.
A súa vida pasou por moitas vicisitudes, a principal das cales sería a rebelión de An Lushan de 755, que desestabilizou todo o país e obrigou a Du Fu a abandonar, xunto á corte Tang, a capital Chang'an. Pasaría o resto da súa vida en condicións moi precarias.
Debido á orixinalidade da súa obra, non logrou un gran recoñecemento durante a súa vida. Porén, o seu prestixio e fama non cesarían de crecer tras a súa morte, chegando a se converter nun dos máis grandes escritores da historia chinesa, cuxa influencia pasou a xeracións posteriores de poetas tanto na China como no Xapón.