Saltar ao contido

Bora Chung

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBora Chung

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1976 Editar o valor en Wikidata (49/50 anos)
Seúl, Corea do Sur Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Yonsei
Universidade Yale
Universidade de Indiana Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBelas letras, prosa, translation from Russian (en) Traducir, translation from Polish (en) Traducir, translation into Korean language (en) Traducir, Slavic philology (en) Traducir, lingua rusa e literatura Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritora, filóloga, prosista, tradutora, profesora universitaria Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Yonsei Editar o valor en Wikidata

BNE: XX6523659

Bora Chung (en coreano: 정 보라, Chung Bora), nada en Seúl en 1976, é unha escritora e tradutora surcoreana. A súa escolma de relatos Jeoju tokki (en galego: O coello maldito) foi finalista do International Booker Prize de 2022.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Bora Chung naceu en Seúl en 1976,[1] filla dunha parella de dentistas.[2] Fixo un mestrado en Estudos Rusos e de Europa do Leste na Universidade Yale, para logo doutorarse en Literatura Eslava na Universidade de Indiana Bloomington.[1][3] Ensinou Ciencia Ficción e Lingua e Literatura Rusas na Universidade Yonsei.[1][4] É unha activista social.[4]

Chung escribiu tres novelas e tres coleccións de relatos curtos.[1][4] Entre as súas influencias literarias, destacan Park Wan-suh, Bruno Schulz, Bruno Jasieński, Andrei Platonov e Lyudmila Petrushevskaya,[2] así como os contos populares do Samguk yusa (1281).[4] En 1998, gañou o premio literario Yonsei pola súa historia Meori 머리 ("A cabeza").[5] Tamén quedou finalista dos premios de Literatura Dixital (2008) e dos premios Gwacheon de Ciencia Ficción (2014).[5]

En 2022, a tradución inglesa da súa escolma Jeoju tokki, realizada por Anton Hur, foi nomeada ao International Booker Prize.[2] Os dez relatos toman elementos de diferentes xéneros, entre os que destacan o realismo máxico, o terror e mais a ciencia ficción.[1][4] En setembro de 2023, o libro foi finalista do National Book Award for Translated Literature.[6]

Chung traballou tamén como tradutora de prosa contemporánea rusa e polaca ao coreano.[1][3]

Traducións

[editar | editar a fonte]

En castelán

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Bora Chung - The Booker Prizes". thebookerprizes.com (en inglés). Consultado o 2024-12-05. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Discover the shortlist: Bora Chung, ‘This is the nicest dream I ever had'". thebookerprizes.com (en inglés). Consultado o 05-10-2024. 
  3. 3,0 3,1 Hur 2021.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Hong 2022.
  5. 5,0 5,1 "Bora Chung". Smoking Tigers (en inglés). 2019-03-18. Consultado o 2024-12-05. 
  6. The New Yorker 2023.
  7. "Conejo maldito". Alpha Decay (en castelán). Consultado o 2024-12-05. 
  8. "La zorra". Alpha Decay (en castelán). Consultado o 2025-05-31. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]