Pecha Kucha
Pecha Kucha, ás veces transcrito pekakucha (en xaponés ペチャクチャ), é un formato de presentación no que o contido pode mostrarse de forma sinxela, eficiente e informal, normalmente nun evento público deseñado para tal fin. Baixo o formato, o presentador mostra vinte imaxes de vinte segundos cada unha, durante un tempo total de seis minutos e corenta segundos.[1]
Foi deseñado en 2003 por Astrid Klein e Mark Dytham de Tokyo Klein Dytham Architecture (KDa), que buscaban ofrecer aos mozos deseñadores un lugar para coñecer, conectar e mostrar o seu traballo e atraer xente ao seu espazo de eventos experimentais en Roppongi. Crearon un formato que mantén as presentacións de forma concisa co fin de fomentar o interese do público e aumentar o número de presentadores ao longo dunha velada. Tomaron o nome Pecha Kucha dun termo xaponés para o son da conversa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "PechaKucha 20x20 - Tokyo - Vol. 1". Consultado o 5 de agosto de 2017.
Este artigo sobre cultura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |