Repolo
| Repolo | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Brassica oleracea var. capitata Carl von Linné 1753 | |||||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||||
|
Subclase de
| |||||||||||||
|
Categoría taxonómica
| |||||||||||||
|
Taxon superior
| |||||||||||||
| Características | |||||||||||||
|
Rusticidade da planta
| |||||||||||||
|
Fonte de
| |||||||||||||
|
Uso
| |||||||||||||
|
Área de distribución
| |||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||
| Reino | Plantae | ||||||||||||
| División | Magnoliophyta | ||||||||||||
| Clase | Magnoliopsida | ||||||||||||
| Orde | Brassicales | ||||||||||||
| Familia | Brassicaceae | ||||||||||||
| Xénero | Brassica | ||||||||||||
| Especie | B. olearacea | ||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||
O repolo (Brassica oleraceae var. capitata)[1] é unha variedade de col, planta comestible da familia das brasicáceas. É unha herbácea bienal, cultivada como anual, cuxas follas poden ser ovais, oblongas ou lisas e forman unha cabeza moi característica.
As diferentes variedades foron obtidas a partir da especie brava, coñecida xa desde hai séculos, a través dos cruzamentos e da selección para as adaptar a condicións climáticas diferentes.
Emprégase moito na gastronomía galega, especialmente polo inverno, en caldos e cocidos.
Cultivo
[editar | editar a fonte]O seu cultivo como verdura destinada á alimentación humana e animal remóntase á antigüidade e estendeuse a partir de formas salvaxes orixinarias da Europa meridional.
O repolo ou col pode sementarse nun primeiro momento en interiores (en sementeiro ou alcouve) ou directamente no exterior. Como todos os membros da familia das Brassicaceae, ten a súa colleita nas épocas máis frescas do ano, aínda que preferentemente en outono.
O control dos parasitos dos cultivos é de grande importancia, en particular en relación ós ataques das eirugas de moitas bolboretas da familia das Pieridae.
Variedades
[editar | editar a fonte]Existen dúas variedades principais de repolos: as de cedo (temperás) e as serodias.
- Repolo de cedo: as variedades temperás maduran en 50 días aproximadamente. Producen ollos pequenos e destínanse ó consumo inmediato, xa que non resisten o almacenamento.
- Repolo serodio: as variedades serodias maduran ós 80 días, producen ollos moito máis grandes e destínanse á provisión invernal.

DADA POR AMIGOS E ADEMIRADORES, VELLOS
E RAPACES, A O PETRUCIO E INSINE
HISTORIADOR
M A N U E L M U R G U Í A
PARA FESTEXALO NA NOITE D'HOXE
Zelme de garabanzos en caldo de repolo
Revoltixo de arroz con peixes, polos e froitos da terra
Peixota á cruñesa
Lombo de terneira asado.
LAMBETADAS:
-
repolos comúns
(B. oleracea var. capitata f. alba) -
col de Filder
(B. oleracea var. capitata f. acuta) -
col lombarda
(B. oleracea var. capitata f. rubra) -
col de Saboya
(B. oleracea var. sabauda).
Consumo
[editar | editar a fonte]Consómese tanto cociñado como en ensalada e pódese conservar cocido, conxelarse tras escaldar primeiro e incluso preparalo como chucrut (col fermentada que se utiliza como condimento ou acompañamento).
Composición e propiedades
[editar | editar a fonte]| Valor nutricional por 100 g | |
|---|---|
| Enerxía | 103 kJ (25 kcal) |
5.8 g | |
| Azucres | 3.2 g |
| Fibra alimentaria | 2.5 g |
0.1 g | |
1.28 g | |
| Vitaminas | Cantidade %DV† |
| Tiamina (B1) | 5% 0.061 mg |
| Riboflavina (B2) | 3% 0.040 mg |
| Niacina (B3) | 2% 0.234 mg |
| Ácido pantoteico (B5) | 4% 0.212 mg |
| Vitamina B6 | 10% 0.124 mg |
| Ácido fólico (B9) | 11% 43 μg |
| Vitamina C | 44% 36.6 mg |
| Vitamina K | 72% 76 μg |
| Minerais | Cantidade %DV† |
| Calcio | 4% 40 mg |
| Ferro | 4% 0.47 mg |
| Magnesio | 3% 12 mg |
| Manganeso | 8% 0.16 mg |
| Fósforo | 4% 26 mg |
| Potasio | 4% 170 mg |
| Sodio | 1% 18 mg |
| Cinc | 2% 0.18 mg |
| Outros constituíntes | Cantidade |
| Fluoruro | 1 µg |
| |
| †As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient | |
O repolo é rico en vitaminas C e A, calcio e β-caroteno, ademais de ter un alto contido de fibra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Manuel González González, Dicionario de alimentación e restauración - galego-castelán-inglès Arquivado 24 de maio de 2015 en Wayback Machine., Termigal. Real Academia Galega. Edita Xunta de Galicia, 2012. (Repolo: p. 211, 266)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Repolo |