Saltar ao contido

Estrixiformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Strigiformes»)
Estrixiformes
Strigiformes
Johann Georg Wagler 1830 Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
 Categoría taxonómica
 Subdivisións
Características
 Fonte de alimentación
 Son producido
 Uso
Distribución
 Área de distribución
Clasificación taxonómica
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeStrigiformes
Datas
 Data de comezo
hai 60 millóns de anos Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/09d5_ Editar o valor en Wikidata
MeSHD020305 Editar o valor en Wikidata
ITIS177848 Editar o valor en Wikidata
OTT1028829 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

A orde das estrixiformes ou aves rapaces nocturnas comprende á familia Tytonidae (curuxas) e a familia Strigidae que inclúe bufos, curuxas, mouchos, tecolotes, mouchos de orellas, avelaionas, ñacurutús e chunchos, entre outras. Atópanse en todo o mundo, agás na Antártica, a meirande parte de Groenlandia e nalgunhas illas remotas. Son grandes cazadores, de hábitos nocturnos e solitarios. Aliméntanse xeralmente de pequenos mamíferos, insectos e outras aves, aínda que algunhas especies especialízanse na pesca.

Características

[editar | editar a fonte]

Nas estrixiformes os dedos tenden a separárense dous a dous, e o bico, coma nos papagaios, é moi ganchudo e presenta a base cuberta por unha cera. Os caracteres distintivos da orde están principalmente nos ollos e nos oídos. Aqueles son moi grandes e no canto de estaren situados aos lados da cabeza, áchanse orientados cara a adiante, como entre os mamíferos acontece cos primates, e cada un deles está rodeado por un gran disco de plumas, o disco facial, limitado por unha circunferencia de plumas pequenas, duras e rizadas. Aínda que os bufos teñen visión binocular, os seus ollos están fixos no seu lugar e teñen que virar toda a súa cabeza para mirar cara a outra dirección. Son hipermetropes e non poden ver nada a uns centímetros dos seus ollos. Así a todo, a súa visión, particularmente en luz baixa, é excelente.

A respecto dos oídos, son moi grandes e presentan no exterior notables repregamentos de pel, como se tendesen a formar unha orella, coa particularidade de que este ofrece a cada lado, na maior parte dos casos, formas distintas. Este carácter non se nota a primeira ollada por estaren ocultos os oídos baixo as plumas; pero é curioso que moitas especies teñen sobre a cabeza unhas falsas orellas ou corniños, formados por grupos de plumas tesas. A plumaxe destas aves é moi espesa e moi branda, semellandose á das avenoiteiras, e a meirande parte das especies aseméllanse tamén a estas na cor, que é unha mestura de diferentes matices amarelos, avermellados, pardos e negros.

Case que tódalas estrixiformes son nocturnas e aliméntanse de presas vivas, tales como pequenos mamíferos, paxariños, ras etc., que devoran enteiros; logo regurxitan unhas egagrópilas ou nobelos formados por anacos de ósos, pelos e demais partes que pola súa natureza non poden dixerir. Moitos bufos poden cazar en total escuridade guiándose polo son. O seu disco facial axuda a dirixir o son das súas presas cara aos oídos. Moitas especies posúen plumas suaves que lles permiten voar sen facer ruído, e deste xeito ouvir os sons que se producen no chan. Un exemplo de diúrna é Athene cunicularia que habita en case toda América.

Os ovos que poñen as femias son case esféricos, e por completo brancos. Os seus niños son rudimentarios e poden estar situados en ocos das árbores, tobos, cortellos, covas ou mesmo en niños artificiais feitos polo ser humano.

Mitoloxía

[editar | editar a fonte]
Tyto alba, curuxa común
Artigo principal: Moucho de Atenea.
  • No folclore de Chile e parte da Arxentina, os bufos e curuxas son considerados un tipo de "ave agoreira" (ave de mala sorte); sendo relacionados co mito do temido Chonchón.
  • Entre os vascos, o bufo é considerado un animal pouco intelixente. En éuscaro, os termos para bufo ou curuxa (hontza, mozoloa) son sinónimos de imbécil aplicados a unha persoa.
  • Na cultura xaponesa, os bufos son símbolos da morte e ver un considérase de mala sorte.
  • Na cultura romanesa escoitar o son producido por estas aves é unha indicación de que alguén vai morrer na veciñanza, debido a que o son é semellante a un queixume.
  • Os romanos considerábanas aves funerarias, polas súas actividades nocturnas e por ter os seus niños en lugares pouco accesibles, polo que ver a un bufo no día considerábase de mala sorte.

Maior información en Strigidae.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]