Sam Altman 22 de novembro de 2023 Emmett Shear 19 de novembro de 2023 - 21 de novembro de 2023 Mira Murati 17 de novembro de 2023 - 19 de novembro de 2023 Sam Altman marzo de 2019 - 17 de novembro de 2023
OpenAI é unha institución de investigación de intelixencia artificial (IA) sen ánimo de lucro, que ten como obxectivo promover e desenvolver unha IA amigable de xeito que beneficie á humanidade no seu conxunto. A organización busca "colaborar libremente" con outras institucións[1] e cos investigadores facendo que as súas patentes e investigacións sexan abertas ao público.[2] A compañía está apoiada por máis de 1.000 millóns de dólares en compromisos; non obstante, só se espera que se use unha pequena fracción deses mil millóns de dólares nos primeiros anos. Os fundadores están motivados, en parte, polos riscos existenciais da intelixencia artificial xeral.
CEO até novembro de 2023: Sam Altman, expresidente da aceleradora de startups Y Combinator. CEO desde esa data, a enxeñeira de software de orixe albanesa, Mira Murati, durante dous días, e logo por Emmett Shear (exdirector executivo de Twitch).